Alexandra Fernandez (Anova/En Marea) acusa aos deputados de Unidos Podemos que conforman o grupo de En Marea en Madrid de primar os seus intereses persoais impedindo así avances para Galiza

0

A deputada de En Marea fixo un duro discurso sobre como se está a comportar o grupo parlamentar da formación no congreso.

Alexandra Fernández, deputada no Congreso por Pontevedra, fixo un duro relato do que está a acontecer grupo parlamentar de En Marea en Madrid. Desvelou que os deputados non respectan os acordos nin os principios nin o espazo polo que foron elixidos.

Comezou dicindo que o propio sería que o voceiro do grupo nas cortes estivera no plenario dando contas e que, ao non estar, iso era un sístoma dun problema de fondo.

O grupo decidiu non comparecer no plenario porque non consideran que En Marea sexa o espazo que os designou aínda que os que non acudiron non perderon a oportunidade de felicitarse polo acontecido o sábado no plenario onde o pacto de Podemos, Anova e Esquerda Unida conseguiu impoñer boa parte das súas teses.

A deputada de En Marea continuou o seu discurso explicando que a axenda galega está bloqueada porque “dous ou tres persoas decidan a axenda que lles convén persoalmente” en clara alusión aos deputados de Unidos Podemos Antón Gómez-Reino, Yolanda Díaz e Ángela Rodríguez.

Continuou dicindo que En Marea ten que elixir se asume como válido o desmantelamento dos principios dos que se dotou a formación para provocar un cambio na maioría social do país ou se, pola contra, se desaproveitaba a maior representación que tivo Galiza en Madrid e que se debera facer valer na negociación dos próximos orzamentos para conseguir avances históricos para o noso país polo que emprazou a esixir que Podemos cumpra os acordos.

A deputada viguesa tamén indicou que, a pesar da decisión en contra do grupo, sentía que tiña obriga de rendir contas no plenario porque é unha oportunidade de diálogo con todas as inscritas e porque ela estaba no Congreso grazas o esforzo de todas as persoas de En Marea que traballaron para conseguilo.

http://parte.gal/2018/10/29/alexandra-fernandez-acusa-ao-grupo-de-en-marea-en-madrid-de-primar-os-seus-intereses-persoais/

Loading…

También podría gustarte
Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia. Asumiremos que está de acuerdo con esto, pero puede optar por no aceptar nuestras politicas de cookies. AceptarMás información

Politicas de Cookies
Enable Notifications    OK No thanks