Endesa acelera o peche da central térmica das Pontes

“Non imos aceptar que se peche unha central que está a cumprir en emisións”. Así de contundente se amosou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao pouco de coñeceder a intención de Endesa de rematar coa queima de carbón nas súas instalacións galegas. O xefe do Executivo reclamou a “todas as forzas políticas” unha fronte común para defender o emprego e reivindicou o investimento de 200 millóns da empresa para adaptarse ás esixencias comunitarias.

“Non imos aceptar que se peche unha central que está a cumprir en emisións”, di Feijóo, que cre que “non hai ningún motivo”

Feijóo amosou a súa “preocupación máxima” e lembrou que hai “700 familias” e a metade dos tráficos do porto de Ferrol que dependen dunha central cuxo peche suporía “un impacto durísimo a toda a comarca de Ferrolterra”. “Se hai unha térmica en España que non debería pechar é a das Pontes”, insistiu, centrando o discurso en evitar o peche do maior produtor de gases contaminantes de efecto invernadoiro en Galicia. “Non existe nin un motivo” para o peche, insistiu.

“Galicia non merece esta desconfianza e este desprezo”, dixo Feijóo en referencia ao “non dialogar, non negociar e non acordar”. “Non imos aceptar que se peche unha central que está cumprindo en emisións”, insistiu tras criticar a “decisión unilateral” de Endesa e a a”ausencia absoluta de responsabilidade por parte do Goberno central”.

As térmicas de carbón de Meirama e das Pontes foron responsábeis do 35% das emisións totais de Galicia de gases de efecto invernadoiro

En 2017, as centrais térmicas de carbón de Meirama e das Pontes foron responsábeis conxuntamente do 35% das emisións totais de Galicia de gases de efecto invernadoiro, ademais de producir outros moitos contaminantes tóxicos. O impacto climático da instalación de Endesa é “equivalente ao de países enteiros como o Uruguai”, como lembra a plataforma Galiza, un futuro sen carbón.

Ademais, a Directiva de Emisións Industriais á que se refire Feijóo non afecta as emisións de CO2 causantes de cambio climático, senón ao dióxido de xofre e aos óxidos de nitróxeno. Francia prevé fechar as súas térmicas de carbón en 2022, Irlanda e Italia en 2025 e Portugal adiantou a 2022 o peche da súa única instalación.

 

 

https://praza.gal/economia/endesa-acelera-o-peche-da-central-termica-das-pontes

 

 

praza.gal

También podría gustarte

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia. Asumiremos que está de acuerdo con esto, pero puede optar por no aceptar nuestras politicas de cookies. Aceptar Más información

Politicas de Cookies

Culturar