O sindicato soberanista CIG xa é a primeira forza sindical de Galiza

0

O sindicato soberanista acada os 4.480 delegados e delegadas – 28,3% do total-; superando UXT e CCOO. É a primeira vez que o nacionalismo se sitúa como primeira forza en representantes, un salto cualitativo.

A CIG era a primeira forza sindical en Galiza en afiliación e capacidade mobilizadora. Esta era a afirmación que o sindicato nacionalista mantiña nestes anos sobre si propio. Agora, os datos tamén ratifican que a CIG é o primeiro sindicato no país en número de delegados e delegadas, no que é un paso de gran importancia para o nacionalismo e tamén para o sindicalismo de contrapoder. Galiza, canda Euskadi, racha co mapa do Estado dominado por dúas centrais, CCOO e UXT, de ámbito español e que apostan no pacto social.

A finais de abril CIG era convertíase na primeira central en representación, con 4.480 delegados e delegadas, o que supón 28,28% do total. En segundo lugar fica a UXT, con 4.423 representantes (57 menos que a central nacionalista) e 28,1%. Comisións Obreiras é o terceiro sindicato en Galiza en representación, con 3.933 delegados (547 menos) e 25,05%. O sindicato socialista atinxe os seus resultados máis baixos en Galiza desde 1982 e CCOO fica lonxe daquel 35% que acadara nas primeiras eeccións sindicais, en 1978.

Catro décadas após a súa construción, o sindicalismo nacionalista sitúase como principal forza entre a poboación asalariada de Galiza. Un paso logrado a través destes anos, non exentos de dificultades e divisións. Como lembra Manuel Mera en ‘Eleccións sindicais e mobilización’, o sindicalismo nacionalista non tomou parte nas eleccións do Sindicato Vertical de 1975, apostando no boicot, vía que tamén elixíu UXT. Non así CCOO e USO, que presentaron candidaturas conxuntas.

[themoneytizer id=”18215-19″]
[themoneytizer id=”18215-2″]

O 1 de abril entrou en vigor o Real Decreto que permitía a libre asociación sindical e o 2 de xuño suprimíase a afiliación obrigatoria ao Sindicato Vertical. As primeira seleccións sindicais foron no primeiro trimestre de 1978 e CCOO foi clara vencedora, con 2.388 delegados e delegadas, 35% do total,. A UXT logrou 1.481 representantes.

Como sinala Mera no referido artigo, “Porén a gran sorpresa destas eleccións foi a ING que, carecendo dos recursos que CCOO, a UXT, e mesmo de USO, acadou 1.072 delegados e delegadas, un 15% do total. Superando á CSUT, que tiña moita implantación na construción e no transporte, e que conseguía 617. A USO acadou 271. O nacionalismo daba un salto decisivo, que sería fundamental para a súa expansión”.

 

Loading…

 

sermosgaliza.gal

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks