Denuncian o desabastecemento de luvas nos sanitarios do Sergas

Existen restricións e falta de artigos sanitarios e defectuosos.

0

O sindicato Progasap denuncia o desabastecemento de luvas no Sergas, nun “novo episodio en relación coa falta de medios adecuados e a desprotección da saúde” dos profesionais sanitarios fronte ao coronavirus.

Nun comunicado, lamenta que agora toca “a quenda” das luvas tras outros “despropósitos” como máscaras “defectuosas” e a subministración de equipos de protección “non adecuados”.

Censura que resulta “incrible” que “dende principios deste mes de maio xa se tiñan noticias de que o Sergas dispuña unicamente de stock de luvas para 15 días. Por iso, agora en hospitais e centros de saúde hai “restricións de uso nuns casos e desabastecemento noutros deste artigo básico”.

Mentres, todas as fiscalías territoriais galegas manteñen abertas as dilixencias de investigación en relación ás máscaras defectuosas entregadas en diferentes áreas sanitarias galegas a finais do mes de abril e cuxa distribución foi denunciada polo sindicato dos profesionais da sanidade pública galega Prosagap.

También podría gustarte
Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia. Asumiremos que está de acuerdo con esto, pero puede optar por no aceptar nuestras politicas de cookies. AceptarMás información

Politicas de Cookies
Enable Notifications    OK No thanks