Máis da metade da audiencia dos medios de comunicación desexa máis contidos en galego

0
Máis do 50% da poboación que é audiencia habitual da televisión, da radio, da prensa impresa e dos medios dixitais, así como lectora de libros, responde afirmativamente á pregunta de se desexaría máis contidos en galego. No caso da televisión esta proporción supera ao 60%, cifra á que se achega a radio. A respecto da prensa impresa, dos medios en internet e dos libros a incidencia é superior ao 55%.

A maior proporción de consumo de contidos en galego dáse na televisión, segundo o IGE, e non chega nin ao 20% da audiencia

Pero neste, como en tantos outros casos, desexos e realidade non cadran nin de lonxe. O castelán é maioritario na consulta habitual de información en todos os soportes, especialmente na información en internet e nos xornais impresos. A maior proporción de consumo de contidos en galego dáse na televisión, segundo o IGE, e non chega nin ao 20% da audiencia. 

 

 

https://praza.gal/acontece/mais-da-metade-da-audiencia-dos-medios-de-comunicacion-desexa-mais-contidos-en-galego

 

 

praza.gal

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks