Abel Caballero quere dividir as praias de Vigo en cuadrículas pra evitar contaxios por COVID

O alcalde de Vigo e presidente da FEMP asegurou que «xa fai dez días» comentou esa idea, antes de que a expuxese o presidente da Junta de Andalucía coas súas «mesmas palabras»

0

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou este martes a idea de establecer “cuadrículas” nas praias pra garantir a seguridade e evitar posíbeis contaxios de coronavirus á vez que sinalou que é unha medida que podería aplicarse nos areais vigueses ese verán.

O rexedor olívico, que tamén é presidente da FEMP, asegurou que “xa fai dez días” comentou esa idea no seo da entidade municipalista, antes de que a expuxese o presidente da Junta de Andalucía, Juan Manuel Moreno, cas seus “mesmas palabras”.

Abel Caballero admitiu que esa medida podería implementarse nas praias de Vigo, unha decisión que, en todo caso, quere analizar co comité asesor de expertos, en marco das actuacións que levarán a cabo prá ‘ desescalada’ do confinamento.

“Quero que o vexa o comité asesor. Trátase dunha idea inicial, establecer cadrados cun máximo de persoas. Esa idea ocorréusenos aquí, e non a descarto. Estamos a facer o estudo xa”, afirmou.

Segundo o alcalde, hai que “buscar, na nova normalidade, medidas que permitan a seguridade e o goce social”, e proclamou: “Eu teño moitas ideas, vou moi diante, outra cousa é que non o conte”.

O alcalde de Vigo, que está a manter estes días reunións con representantes do comercio, turismo, hostalería, etc., expuxo xa algunhas das medidas para apontoar a “reconstrución económica e social”, como programar eventos culturais de menor aforo pra dinamizar o turismo, ceder espazos públicos pra ampliar as distancias nas terrazas dos bares e cafeterías ou peonalizar zonas pra facilitaren os paseos.

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks