Un ultra españolista ameaza a membros da organización xuvenil do BNG con “cortarlles o pescozo’

0

O comentario ameazador foi denunciado por Adrián Bravo, membro da dirección de Galiza Nova- organización xuvenil do BNG- na súa conta da rede social.

O ultra ataca a bandeira patriótica chamándoa de “trapo que usamos os galegos Españois para limpar o cu” e refírese á militancia da organización xuvenil nacionalista como “ratas noxentas”.

A conta de facebook do ultraespañolista caracterízase pola profusión de bandeiras españolas, incluída unha franquista que partilla cun Arriba España!. Entre os post compartillados está tamén un vídeo de Santiago Abascal, dirixente de VOX, que acompaña co comentario “Defender España é unha obrigación!”.

https://arepublicagz.wordpress.com/2018/10/28/ultra-espanolista-ameaza-galiza-nova-no-facebook-con-lles-cortar-o-pescozo/

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks