O PP de Galiza e Ciudadanos votan a prol de que os funcionarios en Galiza poidan ignorar e non teñan que coñecer o galego

0

O pleno do Congreso dos Deputados debateu esta semana unha das propostas estrela de Ciudadanos no que vai de lexislatura estatal, a proposición de ley de arantía de la igualdad en el acceso y promoción en el empleo público sin discriminación por razones lingüísticas. O texto partía do argumento de que “o espazo de liberdade que é o Estado español” está a “romper” por razóns idiomáticas e, no caso das Administracións polo feito de que acceder a un emprego público haxa que coñecer, ademais do castelán, o galego, o euskera ou o catalán nos territorios onde a súa cidadanía os fala.

Para defendelo os de Albert Rivera fixaban no seu texto unha suposta diferenza entre “lingua oficial”, o castelán, e “lingua cooficial”, os demais idiomas. A idea colleitou unha ducia de votos de deputados e deputadas procedentes das circunscricións galegas, os do PP.

Para defender esta proposta, que de ser aprobada suporía a posibilidade de que traballasen en servizos públicos dependentes da Xunta persoas que non entendesen o galego e, daquela, que non puidesen atender a cidadanía que se exprese na lingua propia de Galiza, Ciudadanos elixiu o deputado Toni Cantó.

O tamén actor axitou a necesidade de defender unha “liberdade” que ao seu xuízo está limitada e agregou razóns que causaron unha mestura de hilaridade e indignación en diversos membros do hemiciclo e tamén na opinión pública. Así, por exemplo esgrimiu que en eidos como o escolar “o castelán desapareceu de Galicia”, afirmación que presentou como unha realidade que “ninguén pode negar”.

Alén dos votos do seu propio grupo esta proposición de lei tivo tamén o apoio do PP e mais das súas formacións aliadas no Grupo Mixto. Entre os votos a prol de poder incorporar á Administración en Galicia persoal que non entenda o galego estiveron, tal e como figura na acta da votación, os dos doce representantes dos populares electos pola Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra: Marta González, Juan Juncal, Miguel Lorenzo, Tristana Moraleja, Joaquín García Díez, Jaime de Olano, Celso Delgado, Ana Belén Vázquez, Miguel Viso, Tomás Fole, Pilar Rojo e a presidenta do Congreso, Ana Pastor. Tamén de orixe galega aínda que elixida por Madrid é a deputada de C’s Marta Rivera de la Cruz, que tamén deu o “si” á lei que promovía o seu grupo.a

A Mesa: “Só pretenden restrinxir dereitos da cidadanía”

O resto da representación galega na Cámara Baixa, membros de PSdeG e En Marea, votou en contra da iniciativa de Ciudadanos, un texto que tamén agrega que “o obxectivo da denominada normalización” de galego, euskera e catalán xa está “alcanzado”. Por ese motivo, aseguraban, cómpre “recuperar a normalidade do artigo 3 da Constitución“, o que establece a obriga de coñecer o castelán por parte de toda a cidadanía e a oficialidade das “demais linguas españolas” en cadanseus territorios. Finalmente, a proposta de C’s foi rexeitada por 176 votos en contra fronte a 168 a prol.

Tras este debate A Mesa pola Normalización Lingüística advertiu que porpostas coma esta “só pretenden restrinxir ou prohibir o exercicio dos dereitos” da cidadanía “que se dirixe na súa lingua á Administración e a ser atendida nela calquera que for o trámite”, di o presidente da entidade, Marcos Maceira. “Pretenden prohibir de novo o uso do galego culpabilizando ás vítimas e negando dereitos humanos básicos como non padecer discriminación por razón de lingua”, agrega.

http://praza.gal/politica/17553/doce-votos-de-deputados-por-galicia-a-prol-de-que-o-funcionariado-poida-ignorar-o-galego/

Loading…

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks