A plataforma “Galicia, Mellor Sen Touradas” pide o voto para o BNG e Galicia en Común

Lembran que só o 1% da poboación galega avala as corridas de touros.

0

A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas lanzará nos próximos días a campaña ‘#VotaAbolición’, para pedir o apoio electoral a forzas políticas como BNG ou a coalición Galicia en Común-Anova Mareas, porque “pode ser decisivo” para que un futuro goberno na Xunta “finiquite dunha vez por todas” as corridas de touros no país.

E é que, tal e como destaca o colectivo, estas dúas candidaturas inclúen nos seus respectivos programas para os comicios do 12 de xullo referencias ao fin da tauromaquia, unha práctica que en Galiza, segundo datos dos abolicionistas, avala “menos do 1 por cento da poboación”, polo que é a autonomía con “menor aceptación”.

Neste contexto, Galicia, Mellor Sen Touradas lamenta que o PPdeG “sempre defendeu as corridas de touros”, ben “impedindo o seu veto” en leis como a de benestar animal, aprobada en 2017, ou reclamando “subsidios directos” para esta actividade.

Fronte aos populares, a plataforma destaca que, por unha banda, o BNG expón o “fomento do respecto e da protección animal”, unha proposta que busca “impedir a realización” de corridas en Galiza; mentres, por outro, a coalición Galicia en Común-Anova Mareas promete impulsar un proxecto de lei para introducir “avances graduais que desemboquen na definitiva erradicación” destas prácticas.

Así, Galicia, Mellor Sen Touradas considera que, se ambas as candidaturas reciben un amplo apoio electoral o 12J, “poden estar en disposición de lograr un goberno que, presionado ao PSdeG, inflúa de forma determinante sobre o futuro das corridas de touros e outros eventos como capeas ou novilladas”, xa que os socialistas, critica a plataforma, “non parecen situarse” sobre esta material nas eleccións galegas.

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks