A Igrexa católica de Santiago de Compostela ingresou 19,4 millóns de euros no 2017

0

A Igrexa católica compostelá ingresou o ano pasado un total de 19,4 millóns de euros, dos que 6,1 millóns de euros foron para retribucións ao clero e ao seu persoal, informou hoxe a citada institución relixiosa.

Entre os seus ingresos destacan 6,2 millóns de euros de achegas dos contribuíntes a través dos impostos, outros 5,7 millóns de euros de achegas voluntarias dos seus fieis e 2,6 millóns da explotación do seu patrimonio.

En canto aos gastos, ademais das retribucións ao persoal, figuran 4,6 millóns de euros para “accións pastorais e asistenciais”, entre as que inclúe as da súa organización Cáritas, celebracións litúrxicas e catequeses, destacan algo máis de 4,4 millóns de euros pra construír novos templos e rehabilitar os existentes e 3,6 millóns de euros pra conservación doutros edificios.

A publicación deses datos forma parte dun “esforzo de transparencia” pra “achegar os datos económicos dos ingresos e gastos” non só da Igrexa compostelá senón do conxunto da institución católica en España, segundo un comunicado.

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks