Mobilización obreira na defensa do persoal acusado de “atentado á autoridade” na protesta de Alcoa: “Non fixeron nada”

0
Os axentes, ao abeiro da lei mordaza, acusan varios dos agora investigados de empurralos, de impedir a detención de persoas, de romper o valado policial ou de arengar os manifestantes para que sobrepasasen o cordón, tal e como recolle o atestado policial na que a xuíza basea a súa investigación e á que tivo acceso Praza.gal.Nel, cinco policias manifestan ter sido feridos e inclúen informes médicos que falan de contusións sen secuelas nin días de impedimento e asistencia facultativa sen tratamento ningún.

Os policías acusan varios traballadores de Alcoa de “agredilos polas costas”, “arremeter” contra eles ou “intentar evitar pola forza” detencións

Tanto pola súa situacion de aforados, razón pola que os deputados non recoñecen as citacións que xa foron suspendidas pola maxistrada, como polo relato que fan os policías no atestado, a situación dos deputados é menos preocupante que as do persoal de Alcoa.

Os axentes, malia as imaxes gravadas por varios medios, acusan a varios dos traballadores de “agredilos polas costas”, “arremeter” contra eles, “intentar evitar pola forza” detencións de compañeiros ou “tirar petardos”.

 

 

https://praza.gal/politica/mobilizacion-obreira-na-defensa-do-persoal-acusado-de-atentado-a-autoridade-na-protesta-de-alcoa-non-fixeron-nada

 

 

praza.gal

Siguenos en Google News

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks