“Retiraron numerosos obxectos de uso cotián como cadeiras, copas, valos, pneumáticos e mesmo patinetes e carros da compra”
Oitenta mergulladores profesionais e voluntariado de entidades como Cruz Vermella, os Bombeiros ou Protección Civil atoparon na Mariña coruñesa multitude de materiais. E a súa orixe non é, nin de lonxe, unicamente a actividade pesqueira ou portuaria. “Retiraron numerosos obxectos de uso cotián como cadeiras, copas, valos, pneumáticos e mesmo patinetes e carros da compra”, resumen dende a organización de Mar de Mares, que tamén subliña a “gran cantidade de pequenos plásticos” achadas nas augas coruñesas.
https://praza.gal/acontece/retiradas-seis-toneladas-de-refugallos-do-fondo-da-marina-da-coruna-en-apenas-duas-horas