Segundo día de aumento de casos de coronavirus en toda Galiza

Se xa onte a subida de 17 novos casos -a maior do país en varios meses- tivo consecuencias inmediatas sobre a media móbil semanal, este segundo día de repunte o que fai é profundar a ferida.

0

Os datos do Servizo Galego de Saúde evidencian o cambio de tendencia que se está rexistrando no país, que en só dous días sumou 33 novos casos de coronavirus, un repunte que fai lembrar á escalada que sufriu o país nos albores da pandemia.

Aínda que o escenario a nivel epidémico non se parece ao ocorrido hai uns meses, xa que nesta situación a maioría dos contaxiados son asintomaticos e o número de hospitalizados é realmente baixo, polo que a asistencia está asegurada nestes momentos. Con todo, as autoridades sanitarias non esconden a súa preocupación por esta escalada que moitos xa sinalan como o comezo da segunda onda.

En Galiza, nesta segunda xornada de repunte, a área da Coruña é a que arroxa os peores datos, con nove novos casos nunha área onde o caso dos xogadores do CF Fuenlabrada segue centrando todos os focos. Onte mesmo un dos membros da expedición azulona requiriu ser atendido nun centro hospitalario despois de sentirse indisposto.

Mentres, Vigo, que onte creceu en catro novos casos -como a área herculina- esta xornada só suma un novo caso. Isto débese, en gran medida, a que o brote do Porriño parece controlado despois de que as PCR realizadas aos contactos próximos non desen novos positivos no día de onte. Mentres, a festa celebrada nun barco onde máis tarde sóubose que se atopaba unha muller con coronavirus si sumou novos positivos e espérase o resultado de máis probas.

Pontevedra, pola súa banda, suma hoxe catro novos casos, o maior repunte na cidade do Lérez en varios meses. Ourense, en cambio, sumou dous novos positivos, que talvez poderían achacarse aos dous mozos desprazados a Barbadás desde o País Vasco e que se atopan illados. Os contactos desas dúas persoas non deron novos positivos.

Mentres, Lugo, que onte creceu en seis novos casos, hoxe non ofrece cambios. Tampouco a área de Santiago de Compostela ve crecer os seus algarismos. Mentres, Ferrol mantense como a única das sete áreas galegas que non conta con casos activos da COVID-19.

Segundo os datos das notas de prensa do SERGAS, este sábado 25 de xullo o número de casos activos de coronavirus en Galiza é de 196, dos cales 52 son da área da Coruña, 80 de Lugo, 6 de Ourense, 15 de Pontevedra, 32 da área de Vigo, 11 de Santiago e 0 de Ferrol.

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks