“A suba de prezos do Xacobeo xa comeza a notarse e existe preocupación sobre o que virá no próximo curso”

0
Pouco antes do verán naceu Querido Caseiro, unha conta de Instagram nacida para contar as “historias de terror” de pisos alugados por mozos e mozas, como denuncia das malas condicións dos inmobles e da indefensión que en moitas ocasións sofren os inquilinos e inquilinas.Moi pronto comezou a recoller testemuños de estudantes de toda Galicia sobre as súas experiencias, relatos de tuberías atascadas, fiestras rotas, humidades, electrodomésticos defectuosos, fauna diversa (ratos, cascudas…) e sobre caseiros e caseiras non excesivamente dispostos a solucionar estes problemas ou con escaso respeto á intimidade dos e das residentes. Tamén sobre dificultades para recuperar as fianzas ou subas inesperadas nos prezos dos alugueiros.

“Despois de anos vivindo e escoitando toda clase de barbaridades sobre a enorme precariedade dos pisos démonos conta de que, lonxe de ser excepcións, eran cuestións sistemáticas”

O grupo de estudantes que impulsou esta iniciativa que recolle as historias doutros mozos e mozas pasaran tamén por situacións similares. Bruno, por exemplo, conta que hai dous anos vivira “nun piso cheo de humidade ao que non podía convidar xente que tivese problemas respiratorios e no que aparecía mofo nos mobles e aparellos electrónicos durante a fin de semana”.

A denuncia deste tipo de situacións, que sofre dende hai décadas o estudantado (e en xeral a maior parte dos mozos e mozas e as persoas con recursos económicos limitados), chega ademais nun momento non que o prezo dos alugueiros está a crecer de forma moi importante en todas as cidades galegas, sobre todo nos barrios máis céntricos. En paralelo, en cidades de todo o Estado, tamén en Vigo e A Coruña, están a formarse asociacións de inquilinos e inquilinas para a mellor defensa dos seus dereitos e para fornecer de información a todas as persoas afectadas. Falamos con Bruno, un dos impulsores de Querido Caseiro.

Como xurdiu a idea de abrir a conta de Instagram e recompilar estas historias?

“É preciso que quen nos vemos afectadas por estas problemáticas creemos comunidade e organicemos a resposta á situación mediante a denuncia, a concienciación e, en última instancia, o traballo militante”

Querido Caseiro xurdiu, en primeiro lugar, da nosa experiencia propia e a da xente dos nosos círculos. Despois de anos vivindo e escoitando toda clase de barbaridades sobre a enorme precariedade dos pisos e residencias de estudantes (e mesmo de xente que xa está no mundo laboral) démonos conta de que, lonxe de ser excepcións, eran cuestións puramente sistemáticas. Atopamos inspiración en contas do estilo, como @Chapuzas.USC, que denuncia o malestar das infraestruturas da Universidade de Santiago, ou @trabajosruineros, a nivel estatal, que expón as condicións de precariedade ás que se enfrontan as traballadoras.

Cal é o obxectivo de Querido Caseiro?

En primeiro lugar, procuramos sensibilizar a poboación en xeral e o estudantado en concreto arredor da cuestión da vivenda e dar conta de que se trata dun problema estrutural nos tempos actuais, moi lonxe de ser un conxunto de casos illados. Quixemos dar á conta un ton desenfadado e mesmo cómico, coa finalidade de chegar a un público maior e conectar de mellor xeito con quen sofre, coma nós, a precariedade na vida e na vivenda.

En segundo lugar pensamos que é preciso que quen nos vemos afectadas por estas problemáticas creemos comunidade e organicemos a resposta á situación mediante a denuncia, a concienciación e, en última instancia, o traballo militante nos campos en que sexa preciso.

Falta información sobre os dereitos que ten un inquilino e sobre a forma en que pode facelos valer?

Si, isto vímolo todas nós desde que comezamos os nosos estudos fóra das nosas residencias familiares e agora vémolo máis que comprobado ao poñernos en contacto co resto do estudantado galego. Temos o propósito de realizar un traballo de divulgación sobre este tipo de cuestións agora que temos unha audiencia relativamente numerosa.

 

 

https://praza.gal/acontece/a-suba-de-prezos-do-xacobeo-xa-comeza-a-notarse-e-existe-preocupacion-sobre-o-que-vira-no-proximo-curso

 

 

praza.gal

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks