Terá Galiza unha 5ª provincia?
“As raíces etnográficas, históricas, culturais e lingüísticas do Bierzo sempre existiron con carácter diferencial propio e as mesmas circunscríbense dentro das do conxunto do pobo galego”, indican no manifesto fundacional.
Podería Galiza pasar a ter 5 provincias no canto de 4? É a pregunta que deixa aberta o manfiesto fundacional da asociación A Quinta, que este mesmo xoves vén de constituírse como unha alianza social para pedir a integración dos 28 concellos da comarca do Bierzo en Galiza como unha provincia máis
Segundo apuntan no seu manifesto fundacional, desenvolto en galego e castelán, as “continuas mostras de achegamento” entre ambos territorios, así como o “sentir provincialista maioritario” dos veciños do Bierzo obrigan á clase política a buscar o “consenso necesario” para proceder á creación desa quinta provincia.
Tal e como dispoñen no mesmo texto, a Constitución do Estado español recolle, no seu artigo 141, a posibilidade de que se produzan “alteracións dos límites provinciais”. Este mesmo caso hipotético, lamentan dende a asociación, foi excluído do Estatuto da Autonomía de Galiza, non así do de Castela e León. Por esta razón, apuntan dende a organización A Quinta, sería precisa unha reforma por parte do Parlamento de Galiza do noso estatuto, modificación que os autores do manifesto marcan como obxectivo a seguir.
UNHA COMARCA FLUCTUANTE
Tal e como apuntan dende A Quinta, a disposición histórica da comarca do Bierzo presenta unhas fluctuacións que, a nivel histórico, virían a xustificar a posibilidade de incluíla no ordenamento territorial de Galiza. “Non debemos esquecer que O Bierzo existiu dentro da organización territorial española como comarca pertencente a Galiza ou a León no pasado. Incluso foi declarada provincia na proposta administrativa de 1832 segregada de Ourense e León”, destacan.
Os artífices aseguran que as continuas mostras de achegamento dos veciños do Bierzo cara a Galiza e “o sentir provincialista maioritario da poboación” lévalles a traballar socialmente polos bercianos.
Afirman que “as raíces etnográficas, históricas, culturais e lingüísticas do Bierzo sempre existiron con carácter diferencial propio e as mesmas circunscríbense dentro das do conxunto do pobo galego”.
la virgen