Varios feridos no desaloxo do Centro Social Autoxestionado A Insumisa (A Coruña) trala orde dada polo goberno da Marea

0

A tensión polo desaloxo do CSA A Insumisa esta mañá foi en aumento. A Policía Local chegou ao antigo recinto militar á primeira hora da mañá e atopouse con que dentro non había ningún rastro dos integrantes do Centro Social que permanecían no edificio desde finais do 2016, polo que procederon a pechar e custodiar o recinto.

Con todo, co paso das horas varias decenas de membros do colectivo  achegáronse á porta principal e trataron de entrar no Centro, o que desembocou nun enfrontamento . A falta de confirmación por parte do Concello, terminou con varias persoas feridas.

Ata o lugar desprazáron varios furgóns da brigada de antidisturbios da Policía Nacional e dúas ambulancias. Os membros do Centro Social feridos foron trasladados por coches particulares a centros sanitarios para seren atendidos das súas feridas.

O prazo que o goberno local gobernado polas Mareas dera para que se puxese fin á actividade do Centro Social expiraba esta cuarta feira ( este mesmo mércores). O Concello desestimou as alegacións presentadas polo colectivo  da Insumisa «por non aludir a cuestións xurídicas» e deu un prazo de oito días -período que empezou a contar no momento no que recibiron a notificación- para proceder ao desaloxo.

Varias decenas de integrantes do Centro Social permanecen desde a mañá no exterior do recinto. Tamén se atopa alí o avogado do colectivo A Insumisa, Antonio Vázquez, que considera que o desaloxo podería ser «irregular» xa que non se consumiu o prazo dado pola Administración, e entende que mesmo se podería cometer «un delito de prevaricación».

A concelleira responsable de Seguridá Cidadá, Rocío Fraga, si considera que o prazo expirara xa que dan por válida como data de notificación o 27 de abril. O alcalde das mareas Xulio Ferreiro, non fixo ningún tipo de valoración e xustifica a ausencia de declaracións polo apertado da súa axenda.

Ante a posibilidade de perder a partida orzamentaria ofrecida por Fomento para as obras que se pretenden realizar no espazo que agora ocupa o Centro Social, o Concello das Mareas puxo en marcha a maquinaria necesaria para o desaloxo, mesmo forzado, da instalación. E iso a pesar de que hai un ano o goberno local dicía que eles nunca procederían dese modo.

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks