O BNG pide subtítulos en galego en plataformas coma Netflix e o PP négase

0

O BNG reclamou este martes no pleno do Parlamento galego que a Xunta se dirixa a plataformas de contidos audiovisuais como Netflix ou Movistar+ para que haxa subtítulos en galego en películas e series. A pesar de contar co apoio do resto da oposición —En Marea e PSdeG—, o PP xa adiantou o seu rexeitamento a esta proposta, que se votará o mércores, porque se mostra en contra “de encher as arcas de multinacionais americanas”.

Durante o debate, a deputada Olalla Rodil (BNG) denunciou que o galego é o único idioma do Estado que non conta con subtítulos neste tipo de plataformas, mentres o “Goberno vasco e catalán levan anos desenvolvendo” políticas de apoio neste campo. Así, lamenta que o PPdeG, no canto de apostar por políticas para “gañar espazos de uso” do galego e “promover o exercicio de dereitos lingüísticos”, “fai exactamente o contrario”, como “é recortar ata a saciedade os orzamentos” para normalizar o uso do idioma propio de Galiza.

En contraposición, a deputada do PP Raquel Arias preguntou aos nacionalistas se prefiren un “apoio económico ás multinacionais” ou un “apoio ao audiovisual galego e a poder ser en galego”. Ademais, a popular recriminou o “negativismo absoluto” da oposición cara á situación do galego, á vez que pon en valor que a TVG gasta “sete veces máis” en producións galegas que na compra de produtos estranxeiros.

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks