‘Salvemos o Iribio’ reclama no TSXG a paralización das obras do parque eólico situado en Rede Natura

0

A plataforma Salvemos O Iribio anunciou este venres que presentará ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galica (TSXG) un recurso contencioso-administrativo que busca paralizar as obras de construción do parque eólico promovido por Fergo Galicia Vento S.L. nunha zona da Rede Natura situada na Serra do Iribio, nos concellos de Samos e Triacastela.

O parque eólico promovido por Fergo Galicia Vento está nunha zona da Rede Natura situada na Serra do Iribio, nos concellos de Samos e Triacastela

O recurso, presentado pola organización ecoloxista ADEGA, diríxese contra a denegación da suspensión da Resolución do pasado 5 de febreiro da Dirección Xeral de Enerxía e Minas pola que se recoñece como “non substancial” a modificación do parque eólico.

A plataforma explica que “tan só dous días despois de que ADEGA e a SGO presentaran, en nome de Salvemos O Iribio, recurso de alzada contra o recoñecemento da modificación do proxecto eólico do Iribio como ‘non substancial’, o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, ordenou que se denegase a petición da suspensión deste acto administrativo, o que implicaría de forma tácita o seu rexeitamento a paralizar as obras que mantén en execución Fergo Galicia Vento no espazo natural protexido Serra do Iribio”. No recurso de alzada presentado alegábanse “danos irreparables de carácter ambiental e patrimonial e o incumprimento de diversas normativas vixentes, como a prohibición da instalación de novos parques eólicos en Rede Natura”.

A actuación da Xunta serviu para eximir automaticamente a Fergo Galicia Vento de ter que someter a modificación do proxecto eólico a unha nova avaliación de impacto ambiental

O recoñecemento da modificación do parque eólico como “non substancial” ditado o pasado mes de febreiro polo director xeral de Enerxía e Minas, Bernardo Tahoces, serviu para eximir automaticamente a Fergo Galicia Vento de ter que someter a modificación do proxecto eólico a unha nova avaliación de impacto ambiental e a un novo período de exposición pública para alegacións, a sabendas de que estes trámites non sería superados en aplicación da normativa vixente.

 

 

https://praza.gal/acontece/salvemos-o-iribio-reclama-no-tsxg-a-paralizacion-das-obras-do-parque-eolico-situado-en-rede-natura

 

 

praza.gal

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks