O 40% dos turismos de Galiza non poderán acceder ás zonas de baixas emisións que as cidades crearán antes de 2023

0

Tanto en Lugo coma en Ourense, a porcentaxe achégase ao 43%. En cambio, na Coruña e Pontevedra as porcentaxes baixan ata o 37,55% e o 39,55%

As provincias orientais son as que contan cunha maior proporción de turismos e furgonetas sen distintivo ambiental, o que parece estar relacionado co propio envellecemento da poboación. Tanto en Lugo coma en Ourense, a porcentaxe achégase ao 43%. En cambio, na Coruña e Pontevedra as porcentaxes baixan ata o 37,55% e o 39,55%.

O dato lucense e ourensán está próximo ás das provincias españolas cunha maior proporción deste tipo de vehículos, Cuenca ou Zamora, por riba do 45%. En cambio, o dato de Madrid, Barcelona, As Palmas, Baleares, Cádiz, Guipúscoa, Tenerife ou Valencia sitúase por debaixo do 30%.

Habitual xa no resto de Europa

A medida debe ir acompañada do fomento do transporte público e dos desprazamentos a pé e en bicicleta

No Estado Español só existe nestes momentos unha zona de baixas emisións (e de moi pequeno tamaño), a de Madrid. En xaneiro de 2020 botará a andar a de Barcelona, de moita maior extensión. No resto de Europa este tipo de áreas restrinxidas son moito máis habituais, sumando ao redor de 300 en toda a UE, 50 delas só en Alemaña.

Con todo, en España cada localidade decidirá o tamaño destas áreas restrinxidas e tamén está por determinar o tipo de sancións e controis que se aplicarán para facer cumprir a normativa.

Nun recente informe Ecoloxistas en Acción destacaba que “as medidas de Zonas de Baixas Emisións axudan a mellorar a calidade do aire, pero deben ser moi ambiciosas para logralo. Ademais deben estar acompañadas de medidas de fomento e mellora do transporte público, mellora na calidade dos espazos públicos, infraestruturas ciclistas e en xeral fomento dos medios máis sustentables en detrimento do uso do coche privado”. O informe recomendaba ademais “máis contundencia para cumprir cos obxectivos de calidade do aire que propón a OMS, que son os que garanten unha calidade do aire óptima”.

Ecoloxistas en Acción recomendaba ademais a realización de estudos e programas para garantir que as zonas de baixas emisións sexan “socialmente xustas”, facendo fincapé na necesidade de potenciar o transporte público e a súa extensión “a zonas periurbanas e de menor densidade de poboación”.

 

 

https://praza.gal/acontece/o-40-dos-turismos-de-galicia-non-poderan-acceder-as-zonas-de-baixas-emisions-que-as-cidades-crearan-antes-de-2023

 

 

praza.gal

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks