Os Franco recorren a incorporación de Sada e a Xunta á demanda do Estado para recuperar Meirás

0
Nun comunicado, o Concello lembra que mantén “de forma pública e notoria desde hai anos”, unha posición activa “tendente á recuperación do Pazo de Meirás a favor do patrimonio público”, unha posición que “é recoñecida pola representación procesual do Estado ao solicitar que se comunique a demanda ao Concello”.

“Van atopar non só oposición do propio Concello, senón tamén do conxunto da cidadanía”

“É contraditorio que os Franco digan que desexan un proceso rápido e, porén, recurran de inmediato a decision xudicial de comparecencia”, engade a administración local, que considera a manobra “un burdo intento de querer apartar o Concello de Sada da demanda que ten por obxectivo a recuperación para o patrimonio publico do Pazo de Meirás”.

“Van atopar non só oposición do propio Concello, que presentará nos vindeiros dias escrito de oposición ao recurso dos Franco, senón tamén do conxunto da cidadanía sadense e galega que desexan de xeito unánime que o Pazo de Meirás sexa recuperado para o patrimonio público para acabar dunha vez co anacronismo histórico de que o edificio sexa detentado polos herdeiros do ditador”, finaliza.

Precisamente, os avogados da familia Franco deron a coñecer esta semana os seus principais argumentos para opoñerse ás intencións da demanda do Estado. Entre outros moitos, os herdeiros do ditador ampáranse na inacción das administracións públicas durante décadas respecto do Pazo para defender a súa propiedade, ademais de negar a “fraude” e a “compra simulada” do inmoble que lles atribúen varias investigacións e documentos.

 

 

https://praza.gal/politica/os-franco-recorren-a-incorporacion-de-sada-e-a-xunta-a-demanda-do-estado-para-recuperar-meiras

 

 

praza.gal

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks