O BNG pide modificar o estado de alarma para que os menores poidan saír unha hora a espazos abertos

O BNG tamén proporá, como fixo con anterioridade, que se reverta o proceso de centralización

0

O BNG rexistrou unha proposición de modificación á solicitude de prórroga do estado de alarma do Goberno, co fin de prever que os menores de 14 anos poidan saír durante un máximo dunha hora diaria a espazos públicos como prazas, parques e lugares abertos, sempre acompañados dunha persoa adulta e mantendo as distancias e precaución necesarias.

Para o deputado do BNG, Néstor Rego é un “despropósito” que o Goberno prevexa permitir que os menores poidan acompañar a persoas adultas a supermercados, que son lugares de “alto risco de contaxio”, e non a un espazo público, en que é máis fácil manter as distancias e a seguridade.

“Só con mentalidade típica da Castela, desde o descoñecemento de realidades como a de Galicia, pódense entender propostas como a que acaba de avanzar o goberno. Tamén aquí pódense comprobar os efectos perversos do centralismo, de pretender decidir todo desde Madrid, de costas á nosa realidade e ás nosas necesidades”, censurou.

A proposta do BNG di o seguinte: “os menores de 14 anos poderán saír durante un máximo dunha hora diaria a espazos públicos como prazas, parques ou lugares abertos, sempre acompañados dunha persoa adulta e mantendo as distancias de precaución necesarias. Por razóns de seguridade, non se poderán usar parques infantís nin outras instalacións públicas de lecer similares”. Igualmente, poderán acompañar a unha persoa adulta responsable do seu coidado cuadno realice algunha das actividades previstas no apartado anterior”, engade, en referencia ás actividades previstas no estado de alarma.

O BNG tamén proporá, como fixo con anterioridade, que se reverta o proceso de centralización do mando na crise actual, despois da constatación de que foi “ineficaz” e, por tanto, “un erro”.

Neste sentido, o BNG pide que sexa competencia do Goberno galego e das comunidades “deseñar e executar os plans de desescalada ou de redución paulatina das medidas derivadas do real decreto do estado de alarma dentro do seu ámbito territorial e competencial”.

También podría gustarte
Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia. Asumiremos que está de acuerdo con esto, pero puede optar por no aceptar nuestras politicas de cookies. AceptarMás información

Politicas de Cookies
Enable Notifications    OK No thanks