O que arde proxectarase o 1 de outubro no Teatro Principal de Compostela nunha sesión especial
O que arde gañou o Premio do Xurado no Festival de Cannes – Un Certain Regard e foi seleccionado en máis de 40 festivais de gran prestixio internacional, entre eles os de Nova York e Toronto, que veñen de celebrarse. A película, producida por Miramemira, Tarantula , 4 a 4 Productions e Kowalski Films, está distribuída no Estado español por NUMAX Distribución.
Calcúlase que en España serán unha trintena de cines os que a proxecten, sempre en versión orixinal. En Compostela poderá verse un chisco antes, no marco do festival Curtocircuito, que se celebrará en Santiago do 28 de setembro ao 6 de outubro. O que arde proxectarase o 1 de outubro no Teatro Principal nunha sesión especial que contará coa presenza do realizador e de Amador Arias e Benedicta Sánchez, os protagonistas do filme.
https://praza.gal/cultura/o-que-arde-chega-ao-festival-de-donostia-as-portas-da-sua-estrea-nos-cines