A CIG estuda reclamar no xulgado as indemnizacións por rescisión de contrato do persoal de Seaga que limpa as faixas contra incendios

0
Os servizos xurídicos da CIG estudan denunciar a empresa pública Seaga para reclamarlle o pago das indemnizacións pola rescisións de contrato do persoal que se encarga da limpeza das faixas de protección contra os lumes. Ao mesmo tempo, barallan presentar un conflito colectivo contra a Xunta e Seaga pola posíbel concorrencia dunha sucesión de empresas na operación de traspaso de traballadores/as da empresa pública ao servizo contra incendios.

Dende a CIG-Servizos lembran que o pasado 1 de agosto asinouse a acta final da negociación da modificación substancial de carácter colectivo das condicións de traballo presentada pola empresa pública Seaga para os traballadores/as destinados/as á limpeza das faixas de protección contra os incendios forestais.

As persoas que nos entregaron solicitudes de rescisión deben agardar a que as informemos, e se reciben algunha resolución de Seaga entregala na CIG

Segundo sosteñen, a negociación deu lugar a que Seaga tivera que aceptar as propostas da CIG, entre outras, as dirixidas a manter o soldo dos traballadores/as, garantir unha xornada ordinaria e regular e compensar as horas extras en certas situacións e en caso de excesos de traballo. Deste xeito, a central logrou parar o intento de precarizar aínda máis as condicións de traballo do persoal destinado á limpeza de faixas.

“Ademais, no acordo introducimos unha cláusula dirixida a garantir que os traballadores/as que se consideren prexudicados/as pola modificación substancial, poidan facer uso dos dereitos que lle confire o Estatuto dos Traballadores/as no que atinxe á opción de rescisión indemnizada”.

Deste xeito, a comezos de agosto a CIG puxo en marcha unha campaña para facilitar que o persoal que se sinta prexudicado poida solicitar a rescisión do seu contrato, con dereito a 20 días de soldo por ano de servizo, cun máximo de nove mensualidades.

Silencio administrativo

“Polo que sabemos, a Seaga non contestou aínda as solicitudes de rescisión rexistradas polos traballadores/as, circunstancia que equivale á denegación das mesmas”. En consecuencia, a asesoría xurídica da central está a estudar responder a este silencio da empresa, por unha banda, mediante a presentación dunha demanda plural en Santiago (sede da empresa) contra Seaga, “reclamando o pagamento das indemnización de todos/as os traballadores/as que nos entregaran as copias das solicitudes de rescisións”.

E pola outra, a través da presentación dun conflito colectivo contra a Xunta e Seaga pola posíbel concorrencia dunha sucesión de empresas na operación de traspaso de traballadores/as da Seaga ao servizo de incendios. “Tanto a primeira como a segunda reclamación contan cun ano de prazo para poder ser presentadas, polo que as persoas que entregaron os papeis para rescindir os contratos deben agardar até que as volvamos informar; e no caso de recibir algunha resolución da Seaga por escrito sobre a solicitude de rescisión deben entregala na CIG inmediatamente ”.

https://www.cig.gal/nova/a-cig-estuda-reclamar-xudicialmente-o-pago-das-indemnizacions-por-rescision-de-contrato-do-persoal-de-seaga-que-se-encarga-da-li.html

cig.gal

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia. Asumiremos que está de acuerdo con esto, pero puede optar por no aceptar nuestras politicas de cookies. AceptarMás información

Politicas de Cookies
Enable Notifications    OK No thanks