Audasa remata obras derivadas da ampliación de Rande dez meses despois de subir as peaxes

0

Cando no nadal de 2017 o daquela presidente Mariano Rajoy inaugurou a ampliación da autoestrada AP-9 ao seu paso pola ponte de Rande o propio Ministerio de Fomento admitía que o acto se realizaba malia que quedaban traballos pendentes de rematar. Entre outros, o traslado non previsto inicialmente dun colexio de Chapela, no límite de Redondela con Vigo, ao que a ampliación de carrís executada ao seu carón puña en perigo. Audasa asumiu a obra, que a Consellería de Educación confirma que culminará en cuestión de días, xa para este curso que comeza en setembro. Será dez meses despois de que a concesionaria comezase a subir as peaxes para cobrarse eses traballos de ampliación que implicaron o traslado do centro educativo.

A ampliación da ponte de Rande por parte de Audasa, que asumiu o seu custo inicial para despois recuperalo subindo as peaxes, foi realizada a partir dun proxecto supervisado polo Ministerio de Fomento. Porén, nin a concesionaria nin o ministerio tiveron en conta que a ampliación de carrís tamén no treito da AP-9 que atravesa a zona de Chapela ía achegarse tanto ao Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Igrexa que os pais e nais ían protestar pola inseguridade que ao seu ver provocaría a circulación de vehículos pesados tan preto das aulas e lugares de xogo dos seus fillos.

O carril que foi ampliado a costa do recinto exterior do colexio foi restrinxido para a maioría dos tráficos precisamente polo seu risco para ese colexio ao que se aproximou a autoestrada

As reclamacións foron atendidas e Audasa acabou asumindo o custo do traslado do colexio a outro emprazamento por 4,6 millóns de euros. Pero mentres non se concretou, e malia a construción dun muro de formigón entre a autoestrada e o colexio, Fomento restrinxiu o tráfico durante os períodos lectivos no carril máis próximo ao centro educativo. Ese carril que viña de ser ampliado a costa do recinto exterior do colexio quedou inutilizado para a maioría dos tráficos precisamente polo seu risco para ese colexio ao que se aproximou a autoestrada.

O propio Ministerio de Fomento cuantificou en máis de 11 millóns de euros as obras que quedaban pendentes despois da inauguración de Rajoy

Malia non estar nin sequera iniciadas as obras do novo colexio, que o propio Ministerio de Fomento vinculou directamente coa ampliación de Rande, xunto con outros traballos pendentes que cuantificaba daquela en 11,15 millóns de euros, Rajoy inaugurou a actuación o 30 de decembro de 2017. As obras na propia ponte aínda continuarían varios meses tras a inauguración, e o Goberno central tardaría outro tanto en autorizar a Audasa a suba de peaxes coa que recuperar durante os próximos anos o investido na ampliación, pero a concesionaria acabaría aumentando as súas taxas o 1 de novembro de 2018.

Agora, dez meses despois daquela primeira suba, que foi seguida doutra o 1 de xaneiro que se repetirá nos vindeiros anos, a Consellería de Educación confirma que traballa coa previsión de que o traslado do centro educativo ao novo edificio construído por Audasa noutro emprazamento afastado da AP-9 estará culminado, salvo imprevistos, para o comezo do novo curso escolar o próximo 11 de setembro.

 

**Este artículo ha sido redactado íntegramente en gallego. A pesar de ser uno de los idiomas más hablados del mundo y con gran similitud con otras lenguas romances, nuestro idioma aun tiene dificultades para llegar a todos los ámbitos. Uno de ellos es la tecnologías y los nuevos mundos digitales. Quizás os preguntéis porque hay tan pocos periódicos escritos en gallego no? Por una parte, el gobierno gallego destina la mayor parte de las subvenciones a medios en castellanos, por otra parte la mayor empresa de publicidad en el mundo GOOGLE ADSENSE no admite el gallego como idioma y no permite que podamos insertar anuncios en textos que estén completamente en nuestro idioma – esta es la explicación por la que seguramente leyendo el artículo habéis notado que hay espacios en blanco, Google veta sus anuncios en textos en gallego-

A parte de en Galiza, la lengua se habla en territorios limítrofes con esta comunidad, aunque sin estatuto de oficialidad. Estos lugares son: Terra Eo-Navia, O Bierzo, As Portelas, Val de Xálima

El gallego también es utilizado en la diáspora galega. Este es el proceso de emigración masiva que se produjo en Galicia durante las tres últimas décadas del sigo XIX hasta la mitad del sigo XX. En la segunda década del siglo por culpa de la crisis en Galicia y en España se inicia una segunda vaga de emigración gallega, principalmente hacia países del norte de Europa. Esto hace del gallego una lengua con unos 4.000.000 de hablantes.

Pues bien, parece ser que estas dos herramientas, Google Adsense como herramienta de negocio y el gallego como herramienta de comunicación y expansión de la cultura propia no son compatibles.

Google ha respondido a varias webs interesadas en poder mostrar anuncios en nuestro idioma lo siguiente:

“Gracias por el interés mostrado en Google AdSense. Desafortunadamente, tras examinar su solicitud, no podemos aceptarle en AdSense en este momento.

No hemos aprobado su solicitud por los motivos que enumeramos a continuación.

Idioma no disponible: hemos comprobado que la mayor parte del contenido de su sitio se encuentra en un idioma que no está disponible en estos momentos. Los idiomas en los que se ofrece el programa y la segmentación de anuncios se indican en este artículo de ayuda. Si administra o posee otro sitio en uno de los idiomas disponibles, no dude en volver a enviar la solicitud según se indica más adelante. Si bien esperamos poder ofrecer AdSense en su idioma muy pronto, todavía no podemos anunciar una fecha concreta.”

Si queréis ayudarnos, podeis solicitar a GOOGLE que el gallego sea idioma para monetizar las webs, esto facilitará que miles de personas que trabajan y redacta en la web se animen a usar nuestro idioma. También podéis ayudarnos económicamente para poder seguir redactando en el idioma de Breogán a través del siguiente enlace:

https://paypal.me/luscofuscogal?locale.x=es_ES

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks