Prisión sen fianza para o asasino confeso das tres mulleres de Valga

0
O autor confeso do triplo asasinato machista acontecido en Valga o pasado luns entra en prisión provisional comunicada e sen fianza. Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmaban contra o mediodía deste martes que a titular do xulgado de instrución número dous de Caldas imputa a José Luis Abet tres presuntos delitos de asasinato: o de Sandra, de 39 anos; María Elena, de 58; e Alba, de 27, que ata comezos de 2018 foran a súa esposa, sogra e cuñada.As mesmas fontes xudiciais apuntan que o propio auto que resolve a entrada en prisión provisional advirte de que os delitos polos que Abet é investigado poden dar lugar, no seu momento, a que se enfronte a unha condena de prisión permanente revisable. O auto foi ditado despois de que a Garda Civil trasladase a Abet ata os xulgados de Caldas no medio dun forte dispositivo de seguridade, que o introduciu nas dependencias xudiciais mentres veciñanza da zona o increpaba con berros de “asasino”.

A xuíza imputa ao asasino confeso tres delitos de asasinato e a Garda Civil investiga a orixe da arma presuntamente utilizada no crime, para a que “non tiña ningunha licenza”

Mentres as dilixencias xudiciais avanzaban tamén o facían as policiais. A Delegación do Goberno central en Galicia confirma que a investigación, que realiza a Garda Civil, localizou xa “un revólver de calibre 32” e “abondosa munición” no “lugar onde dixo esta persoa que a tirara”, indica o delegado, Javier Losada. O lugar son as augas do río Tambre ao seu paso por Ames.

A preguntas da prensa Losada ratifica que o asasino confeso “non tiña ningunha licenza” para poder manexar a arma coa que presuntamente cometeu o triplo asasinato. “É unha arma obtida fóra dos circuítos que existen”, sinala en referencia á súa suposta procedencia irregular. Así e todo, advirte, a determinación precisa da orixe do revólver procuraras ea través das pescudas que o Instituto Armado aínda ten en marcha.

 

 

https://praza.gal/acontece/prision-sen-fianza-para-o-asasino-confeso-das-tres-mulleres-de-valga

 

 

praza.gal

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks