As actuacións da promotora da mina de Touro deixan sen auga a aldea de A Santaia

0

A veciñanza empregaba as augas do río Ameneiro-Lamas para regadío de cultivos e hortas e abastecemento do gando e dun lavadoiro público. Na actualidade este río está gravemente contaminado polo depósito de residuos da mina que desbordan á ribeira. A veciñanza de A Santaia viuse na obriga de desviar o caudal do Ameneiro-Lamas fóra da aldea para salvar da contaminación os seus cultivos e terreos.

O río Ameneiro-Lamas, tributario do Lañas e Ulla, ten o seu nacemento en terreos que non foron afectados durante a explotación mineira por Río Tinto, e que curiosamente foron contaminados agora polo depósito de materiais contaminantes, segundo documenta a asociación Aldea Viva.

Aldea Viva cursou denuncia á Consellería de Medio Ambiente solicitando o inicio dun procedemento de responsabilidade medioambiental ao abeiro da Lei 26/2007 contra o propietario da mina, Explotaciones Gallegas S.L., habida conta da relación de causalidade entre a contaminación deste río e as actuacións que o propietario realizou nos terreos mineiros para a creación de accesos ao futuro polígono empresarial, movementos de terras e incluso de materiais da balsa de lodos do proceso mineiro.

Aldea Viva descoñece qué proxectos de obras e autorizacións en zonas contaminadas ampararon semellante desfeita e se o concello de Touro tomou conta das actuacións e das consecuencias, dándose unha evidente falla de implementación de medidas de prevención, evitación e reparación.

Currículum dudoso da máxima accionista de Cobre San Rafael

Neste ano Explotaciones Gallegas ten incoados xa dous expedientes sancionadores por vertidos ao dominio público e afectación à calidade das augas, a instancia de denuncias de Aldea Viva.

A asociación lamenta que teñan que ser os colectivos e veciñanza quen estean a actuar ante o desleixo das administracións e advírtelle ao goberno autonómico que de permitir a apertura da mina estaría deixando o futuro de Galicia nas mans dunha empresa que leva anos demostrando que non é capaz de garantir as condicións mínimas ambientais, de seguridade e mesmo de saúde pública, polo que en aplicación do principio de cautela, non debe autorizar o proxecto mineiro en tramitación

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks