Medio milleiro de persoas mobilízanse para esixir traballo na central térmica das Pontes

0

O alcalde das Pontes e tamén presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e representantes sindicais reuníronse co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, que lles asegurou que serán recibidos pola ministra de Transición Ecolóxica en funcións, Teresa Ribera, a finais deste mes, unha noticia que deixa “satisfeito” ao rexedor pontés por lograr ese “pequeno obxectivo”. “Non ten sentido que a unha central que decidiu investir para adaptarse á normativa ambiental europea non se lle dea ningunha oportunidade”, queixouse.

“A vida de 650 familias está en risco e hoxe é unha mostra do que pode pasar de aquí en diante”, di González Formoso

Ademais, denunciou o “inxusto” do sistema actual europeo sobre custos de dereitos de emisión para aclarar que o persoal que protesta é “considente de que o carbón é unha fonte de enerxía en extinción” pero que os cambios de modelo deben facerse “paulatinamente”. “A vida de 650 familias está en risco e hoxe é unha mostra do que pode pasar de aquí en diante”, dixo. A Endesa, pediulle “compromiso na procura de solucións” e que “espere a que o Ministerio mova ficha” e a unha mesa de traballo que se activará axiña. “Haberá que ver ata que punto o Ministerio está disposto a avalar a posible incorporación de biocombustibles que substitúan o carbón”, engadiu.

Ao tempo, os transportistas advertiron dos problemas económicos que neste colectivo provoca a actividade da planta, ao igual que persoal das empresas auxiliares. Entre os políticos presentes, o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, que asegurou que o Goerno central “ten ferramentas para garantir a viabilidade da central”. Imaxe    close   delete_forever swap_vert

Por outra banda, e tras a reunión mantida con representantes sindicais, o delegado do Goberno, Javier Losada, reclamou “unidade de acción” para afrontar o proceso de transición enerxética e asegurou o Executivo central traballará con Endesa “para que a central teña capacidade para afrontar a diversificación da súa actividade, circunstancia que se entende, ademais, vital para o futuro da propia comarca para que desta maneira non só dependa do carbón”, explica nun comunicado.

 

 

https://praza.gal/economia/medio-milleiro-de-persoas-mobilizanse-para-esixir-traballo-na-central-termica-das-pontes

 

 

praza.gal

Siguenos en Google News

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks