O BNG e o grupo Verdes-ALE impulsan no Parlamento Europeo unha conferencia sobre os ataques á liberdade de expresión e de prensa

0

O vindeiro xoves 24 de maio o Parlamento Europeo acollerá unha conferencia sobre os ataques que se están producindo contra a liberdade de expresión e de prensa en Europa, nomeadamente no Estado español. Esta iniciativa, impulsada polo BNG e o grupo Verdes – ALE (do que forma parte), está coordinada pola eurodiputada nacionalista Ana Miranda e contará cunha nutrida representación de escritores, músicos e xornalistas de Galiza e do Estado que foron ou están sendo perseguidos ou condenados por manifestar publicamente as súas ideas.

O escritor Suso de Toro; a directora de Público Ana Pardo de Vera; o comité da CRTVG; o xornalista Aníbal Malvar; a actriz Isabel Risco; o corresponsal de Libération Jean Quatremer; a autora do informe da Eurocámara sobre “Pluralismo e Medios de comunicación” Barbara Spinelli; así como Pablo Hásel;  os xornalistas Beatriz Talegón e BoroLH; membros de La Insurgencia e o grupo de apoio ao rapeiro Valtonyc son algúns dos nomes xa confirmados.

A conferencia – respaldada ademais de por Ana Miranda, polo eurodeputado húngaro Benédek Jávor, a eurodiputada verde holandesa Judit Sargentini, os cataláns Josep-Maria Terricabras e Jordi Solé estará articulada en cinco bloques temáticos: ‘A Palabra’, ‘A Rede’, ‘A Música’, ‘O Texto’ e ‘A Imaxe’ e se desenvolverá baixo o título “Shut Up!, Tais-Toi! Cállate! Cala! Calla! Pofa Be!”.

bng.gal

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks