Triplo asasinato machista en Valga. Un home asasinou a súa ex-muller e máis á súa nai e á irmá no lugar de Carracido, na parroquia de Cordeiro. Segundo adiantou a Radio Galega, o presunto asasino entregouse a primeiras horas da mañá deste luns no posto da Garda Civil no Milladoiro, no Concello de Ames.Fontes da Delegación do Goberno en Galicia consultadas por Praza.gal ratifican que a investigación dos feitos está aberta, sen poder confirmar polo momento ningún extremo do acontecido. O 016 é o teléfono para denunciar casos de violencia machista e obter axuda; non deixa rastro na factura telefónica, pero si é preciso borralo manualmente da lista de chamadas do teléfono.