En Marea bloquea a proposta de Compostela Aberta: “É un retroceso, iso suporía a instauración dunha aristocracia política”

0

A coordinadora de En Marea non acepta a proposta de Compostela Aberta de adiantar a setembro a elección da nova dirección do espazo. Victoria Esteban e Ana Seijas, vicevoceiras da formación, xustificaron hoxe a decisión asegurando que suporía a instauración dunha “aristocracia política” para dirixir En Marea, volvendo ao sistema da “asemblea de partidos”.

Dende a “cúpula” de En Marea, a mensaxe segue a ser clara: “A decisión de adiantar o proceso electoral corresponde ao Plenario e ao Consello das Mareas”, matizou Seijas, garantindo que se celebrará en xaneiro e non en setembro, como pide Compostela Aberta.

As mareas municipais

Pola súa banda, Martiño Noriega asegura que a súa proposta contempla unicamente a creación dunha “mesa para a confluencia” cuxo obxectivo é “dialogar”. Neste novo espazo, cobrarían un peso importante as tres mareas municipais gobernantes. Dende a coordinadora consideran que esta proposta “discrimina” ás demais mareas, namentres Noriega desminte tales acusacións.

Loading…

 

nostelevision.gal

 

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks