Piden 4 anos de cárcere e 2 millóns de euros para o principal acusado por sobrecustos en cursos da Confederación de Empresarios

0

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, que ten a súa sede en Santiago de Compostela, abrirá este martes a vista oral do xuízo por supostas irregularidades nas facturas de cursos organizados pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) detectadas en torno ao ano 2000, hai case dúas décadas.

Para o principal acusado, o que ata ese ano fora secretario da patronal, Rafael Sánchez Sostre, Fiscalía pide 4 anos de prisión e unha multa de 2 millóns de euros por un delito de fraude de subvencións.

Segundo o escrito de acusación, hai outros oito imputados, entre eles socios, xestores ou representantes de empresas organizadoras de cursos de formación por supostamente apropiarse de fondos públicos destinados para ese efecto entre os anos 1996 e 1999.

Para estes investigados á marxe de Sánchez Sostre, o Ministerio Público pide 2 anos de prisión e multas que oscilan entre os 50.000 e os 500.000 euros.

De acordo con Fiscalía, todos eles, “coa finalidade de conseguir un beneficio patrimonial”, apropiáronse de fondos públicos xustificados a través de “cursos non realizados”, facturas “dobradas” e a “imputación excesiva de custo” de profesorado, aulas e manuais didácticos, ademais de “outros excesos contables”.

Neste contexto, considérase a Sánchez Sostre, por aquel entón secretario da CEG, como o “máximo responsable” da trama e de ser o “encargado de tramitar e dar cumprida conta” entre os anos 1997 e 1999 de subvencións ascendentes a un total de 20 millóns de euros e procedentes de fondos europeos, correspondentes a plans de formación que xestionaba o INEM —a través da Fundación para a Formación Continua (Forcem)— ou convocaba a Xunta.

https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/103873-piden-4-anos-carcere-2-millons-euros-principal-acusado-sobrecustos-cursos-confederacion-empresarios

galiciaconfidencial.com

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks