Feijóo rexorde no escenario estatal resucitando a súa ansia de coalición PP-PSOE

0
É calquera cousa menos novidoso que Alberto Núñez Feijóo aposte por pactos entre PP e PSOE en España e mesmo en Galiza. Tanto para acordar medidas concretas –caso da aplicación dos recortes sanitarios en plena crise– como para propiciar a investidura na presidencia do Goberno central sen contar con outras forzas políticas, mesmo pola vía dun Executivo de ‘gran coalición’ entre ambos partidos. A pouco que se repase a hemeroteca non é difícil atopar múltiples declaracións do presidente da Xunta nese sentido, tanto dende o atril de San Caetano como en discursos públicos ou en resposta aos medios de comunicación.

É calquera cousa menos novidoso que Feijóo aposte por pactos PP-PSOE, pero reiteralo na última semana serviulle para volver emerxer nun medio do que gusta especialmente, o do debate político estatal

Malia non responder, daquela, a unha mudanza de discurso ou estratexia por parte do líder do PPdeG, o feito de que nos últimos días apostase abertamente -en declaracións a medios como La Voz de Galicia e Onda Cero– por unha coalición entre populares e socialistas que desatranque a investidura de Pedro Sánchez tras o aparente fracaso das negociacións con Unidas Podemos axitou o debate estatal. Múltiples cabeceiras e analistas aferráronse a esas declaracións, estratexicamente colocadas nos días posteriores ao mitin de Feijóo e Pablo Casado en Cotobade. Este mesmo domingo pronúnciase no mesmo sentido nunha entrevista co ABC.

O presidente galego volve sacar cabeza nun medio no que se sente particularmente cómodo, o do debate político alimentado dende a prensa de Madrid, a mesma que -especialmente dende os eidos máis conservadores- ollou cara a el con desaire cando, en xuño de 2018, anunciou que non competiría pola sucesión de Mariano Rajoy no acto solemne máis agre da historia recente do PPdeG. Aquela retirada dunha carreira inzada de pedras no camiño incluía unha explicación que soou a escusa neses ámbitos: o seu “compromiso” con Galicia finalizaba en 2020.

 

 

https://praza.gal/politica/feijoo-rexorde-no-escenario-estatal-resucitando-a-sua-ansia-de-coalicion-pp-psoe

 

 

praza.gal

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks