Pontón anima a poboación “enfadada” co “bipartidismo harmónico” a apoiar o BNG como “única organización libre”

0

“Nós non lles imos fallar” ás persoas “enfadadas co seu voto” ao PSOE ou Podemos por mor da “guerra de tronos de Sánchez e Iglesias”, di Ana Pontón, quen ve a Feijóo “cada día máis desesperado por facerse notar” no contexto estatal

É nese punto no que a líder do Bloque se dirixe ás persoas “enfadadas co seu voto” ao PSOE ou a Unidas Podemos. “Nós non lles imos fallar”, promete, nin a causarlles a “vergoña allea dos deputados e deputadas electos por Galiza” o pasado 28A -de PP, PSdeG, Galicia en Común e Ciudadanos-. “Nin un só ergueu a voz” para lle dicir a Sánchez “que se quere ser presidente, as cousas teñen que cambiar en Galiza”, reprochou.

Neste contexto, tamén ante un “Feijóo cada día máis desesperado por facerse notar” no contexto estatal, Pontón chama a “soñar” con “outra Galiza posíbel”. Afastada da “frivolidade, loita de egos e persoalismo” da “corte madrileña”. “Galiza -proclama- necesita máis que nunca ao BNG e estamos en disposición de ofrecer unha alternativa sólida” tamén cara a 2020. 

Nesa cita electoral, na que o Bloque di aspirar a retornar ao goberno unha década despois, pero tamén nas posibles novas xerais, Ana Pontón di ter clara a receita, “menos Madrid e máis Galiza“, ilustrou para abordar asuntos como os fondos pendentes de ingreso á Xunta por parte do Estado, a “tarifa eléctrica galega, a solución para as empresas electrointensivas ou a transferencia da AP-9”, subliña. Todo iso só pode logralo unha organización “quilómetro cero, co centro de decisión aquí” e non “PP, PSOE e Podemos, que son quilómetro 600”, ironizou.

 

 

https://praza.gal/politica/ponton-anima-a-poboacion-enfadada-co-bipartidismo-harmonico-a-apoiar-o-bng-como-unica-organizacion-libre

 

 

praza.gal

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks