Outra vaga de incendios golpea os montes do interior galego

0
As derradeiras semanas do verán ratifícanse como as peores para os montes galegos. Apenas catro días despois de que remitise a vaga de incendios na que arderon máis de 1.000 hectáreas, con Monforte e Ribeira como municipios máis prexudicados, unhas poucas horas deste venres foron dabondo para que se desencadease unha vaga nova. Desta volta as áreas máis golpeadas polo lume sitúanse no interior, co máis preocupante na Gudiña e con máis de 600 hectáreas que xa arderon, sempre segundo as cifras divulgadas pola Consellería do Medio Rural, que non garante que inclúa a totalidade de focos en toda Galicia.

O peor incendio desta nova vaga é o da Gudiña, con máis de 400 hectáreas ardidas, que puxo en risco áreas habitadas durante a noite

Contra as dez da noite do venres Medio Rural admitía o que bombeiros e axentes forestais xa revelaran: un agresivo incendio fora declarado na Gudiña, na parroquia da Barxa, e expandíase con rapidez. Como adoito, a Xunta fixo público que a superficie era “superior ás 20 hectáreas”, aínda que pouco despois xa multiplicou a estimación por seis ao tempo que era declarada a situación 2, por proximidade das lapas ás vivendas en Seixo.

Xa de madrugada, ao tempo que era admitida ese risco para a poboación, Medio Rural solicitaba asistencia da Unidade Militar de Emerxencias. A primeiras horas da mañá, co lume aínda sen controlar, a situación 2 era desactivada e a superficie ardida ascendía xa ás 440 hectáreas. Contra as nove da mañá a loita contra o lume continuaba na Gudiña con ata vinte e catro brigadas sobre o terreo, ademais de catro helicópteros, dous avións e os medios da UME.

 

 

https://praza.gal/acontece/outra-vaga-de-incendios-golpea-os-montes-do-interior-galego

 

 

praza.gal

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks