O PSdeG denuncia que o Goberno de Feijóo “ampara” á familia Franco nos incumprimentos das obrigas legais co Pazo de Meirás

0

O PSdeG denuncia que o Goberno de Feijóo “ampara” á familia Franco nos incumprimentos das obrigas legais co Pazo de MeirásA portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, advertiulle eeste mércores ao conselleiro de Cultura que “non terán nada que ver –coa familia Franco-, pero amparar si que os amparan”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral no Pleno do Parlamento logo da “pereza” amosada pola Xunta para sancionar de novo á familia do ditador por manter pechado “de facto” o Pazo de Meirás ás visitas do público.

Pazo de Meirás / PSdeG

A responsable socialista lembrou a obriga legal de realizar visitas a este ben cultural, e acusou á Xunta de aceptar a redución nos horarios de apertura ao público, tal e como figura na web de Turismo do goberno galego. Ademais, explicou, a realidade é que non responden ao teléfono de contacto nin á dirección de correo electrónico que figuran para realizar as visitas, mentres “a Xunta parece que non chamou e reaccionou tarde e só cando transcendeu aos medios”.

Burgo criticou que a Xunta teña actuado “tarde, mal e arrastro”, máxime cando “este verán era máis previsible porque se presentara unha demanda civil polo goberno central para conseguir a devolución da propiedade do Pazo que a familia de Franco usurpa de forma fraudulenta”. Preguntou ademais “que vai pasar coas visitas ao novo BIC das esculturas do Pórtico da Gloria” que como tal tamén teñen a obriga de permitir.

A parlamentaria socialista respondeu ás críticas do conselleiro de Cultura contra a implicación do goberno do PSOE coa Memoria Histórica “cando foi quen levou adiante a Lei, da que o PP non cumpriu un só artigo, e que non actuou en Meirás ata que non o obrigou a presión cidadá”, unha construción declarada BIC precisamente polo goberno da Xunta presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño.

Ademais sinalou que “menos mal que está o PSOE no goberno”, porque o anterior goberno de Rajoy respondera ao informe da Deputación da Coruña sobre a situación de Meirás advertindo que “non había ningunha posibilidade de presentar unha demanda polo Pazo, renunciando a integralo no Patrimonio Nacional”.

https://contrainformacion.es/o-psdeg-denuncia-que-o-goberno-de-feijoo-ampara-a-familia-franco-nos-incumprimentos-das-obrigas-legais-co-pazo-de-meiras/

https://contrainformacion.es/

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks