Galicia volve vivir unha vaga de lumes en setembro. Seis incendios arrasaron xa máis de 600 hectáreas en distintos puntos do país durante a pasada noite.
A situación era a seguinte ás nove da mañá deste sábado, segundo a Consellería de Medio Rural:
ACTIVO A GUDIÑA
Desactivada a Situación 2 no incendio rexistrado onte ás 19,07 h. no municipio ourensán da Gudiña, parroquia de Barxa, logo de decretala por proximidade do lume ao núcleo do Seixo.
Este incendio, que comezou en Portugal, continúa arestora activo e segundo as últimas estimacións afecta unhas 440 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control levan traballado 1 técnico, 8 axentes, 24 brigadas, 14 motobombas, 4 pas, 4 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Durante la noche, los efectivos @UMEgob #BIEM5 desplegados en el incendio forestal de #IFBarxaAGudiña han realizado labores de ataque directo al fuego con apoyo de autobombas 🚒 pic.twitter.com/ZKAiQ29XLy
— UME (@UMEgob) September 14, 2019
01:20🎥 #IFBarxaAGudiña #Ourense@BrifLaza se retira a su base por tierra después de trabajar en el incendio forestal de Barxa que se complica su extinción por el fuerte viento.#IIFF #BRIF
Mucho ánimo a todos los medios que se quedan actuando durante la noche. #OACEL y cuidado! pic.twitter.com/UWCeRxu2UO— ATBRIF (@AT_Brif) September 13, 2019
ACTIVO RIÓS
Ás 00,36 h. desta madrugada comezaba un lume no concello ourensán de Riós, parroquia do Navallo, que permanece activo arestora. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 60 hectáreas. Nos traballos de control levan participado 7 axentes, 12 brigadas e 6 motobombas.
ACTIVO CHANDREXA DE QUEIXA
Nesta madrugada, ás 1,11 h., comezaba un incendio no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Casteloais, que permanece activo arestora. Segundo as primeiras estimacións, afecta unhas 20 hectáreas de superficie. No seu control levan traballado 2 axentes, 3 brigadas e 5 motobombas.
Nos encontramos actuando en incendio Chandrexa De Queixa #IFCasteloaisChandrexa (Ourense).
Así nos encontramos #Brif Laza el incendio a nuestra llegada. pic.twitter.com/YWmJjKeI5J— Diario de un Bombero (@BrifLaza) September 14, 2019
ACTIVO QUIROGA – HOSPITAL
O lume rexistrado onte no concello lugués de Quiroga, parroquia do Hospital, permanece activo logo de comezar ás 20,40 h. da tarde. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 110 hectáreas. No seu control levan participado 1 técnico, 4 axentes, 18 brigadas, 9 motobombas e 3 pas.
Sobrevoando #IFHospitalQuiroga pic.twitter.com/ceQtDze9Fk
— Brigada de Marroxo (@BMarroxo) September 14, 2019
ACTIVO QUIROGA – ENCIÑEIRA
Tamén permanece activo outro lume no concello de Quiroga, esta vez na parroquia da Enciñeira, logo de comezar ás 1,40 h. desta madrugada. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 45 hectáreas. No seu control mobilizáronse 5 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas e 1 pa.
CONTROLADO PALAS DE REI
Controlado desde as 6,13 h. desta mañá un incendio que se rexistraba onte ás 20,58 h. no concello lugués de Palas de Rei, parroquia de Cabana. Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 28 hectáreas, das cales 14 son de monte raso e 14 de arborado. Nos labores de extinción levan traballado 4 axentes, 9 brigadas, 10 motobombas e 2 pas.
https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/103830-noite-incendios-galicia-seis-lumes-calcinan-700-hectareas