O Comité pola Memoria Histórica do Val do Limia inaugurou un monólito cos nomes de 25 persoas asinadas na comarca, “representativas da barbarie cometida” polos golpistas
Nese punto xuntáronse este sábado, 14 de setembro, familiares das vítimas e outros membros do Comité pola Memoria Histórica do Val do Limia para inaugurar, nun acto de homenaxe, o monólito que lembra os nomes e datas dos asasinatos de ata vinte e cinco persoas. As execucións “que temos documentalmente constatadas”, explican, o cal non significa que fosen as únicas.
O monumento, de case 3 metros de altura, é “froito dun longo proceso, aínda inconcluso, de investigación sobre as consecuencias da brutal represión contra o pobo traballador desta comarca” naqueles anos. A lista, “aínda incompleta”, é xa “representativa da barbarie cometida contra os sectores máis comprometidos e avanzados“, din dende o Comité.
https://praza.gal/politica/as-vitimas-dos-asasinatos-franquistas-xa-tenen-o-seu-monumento-na-limia