A propiedade da Torre dos Moreno de Ribadeo marcha de vez a Asturias e Madrid

0

Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo: “Demos un paso definitivo na resolución final para a situación da Torre dos Moreno”, cuxa rehabilitación integral sería “imposible” para o Concello, di

A xuízo do alcalde ribadense, Fernando Suárez, “vimos de dar un paso definitivo na resolución final” para “o problema da situación de perigosidade da Torre dos Moreno”. A operación conta con informes da Xunta que, lembra Suárez, tería prioridade sobre a propiedade por tratarse dun BIC, pero non optarán a ela. O histórico edificio, advirte o rexedor, estaba nunha “situación insostible, tanto polo seu estado de conservación como polo perigo para terceiros, polos desprendementos de anacos de fachadas e da cuberta“.

Nesa situación o Concello, que contaba cunha parte “minoritaria”, tería que mercar a propiedade enteira e asumir “despois, a maiores, a rehabilitación integral do edificio sen unha finalidade concreta”. Todo isto, coida, requiriría unha “cantidade de recursos” sinxelamente “imposible” de abordar para o consistorio. “

Atendendo sempre ao consello dos técnicos, buscamos esta solución” e agora a empresa Paisajes de Asturias, “reforzada na súa porcentaxe de propiedade”, xa “non ten escusa, ten vía libre para a rehabilitación, mellora e conservación deste inmoble”, onde pode desenvolver “as actividades que, lexitimamente, pretendan como propietarios”, pero respectando as regras que afectan aos BIC, como a apertura ao público un mínimo de catro días mensuais. “Agardamos que nun futuro, o máis axiña posible, as xentes de Ribadeo poidamos ver un emblema, símbolo do patrimonio urbanístico ribadense, rehabilitado e con todo o esplendor que tivo hai agora un século”, conclúe Fernando Suárez.

 

 

https://praza.gal/acontece/a-propiedade-da-torre-dos-moreno-de-ribadeo-marcha-de-vez-a-asturias-e-madrid

 

 

praza.gal

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks