O pleno municipal da Coruña aproba por unanimidade iniciar accións legais para recuperar a Casa Cornide

0
O pleno municipal da Coruña aprobou este xoves por unanimidade unha moción presentada polo BNG instando ao Goberno local a iniciar accións legais para recuperar a Casa Cornide, o inmoble da cidade vella que segue en poder dos herdeiros de Francisco Franco. A moción, que foi apoiada polo resto dos grupos, denuncia o “espolio” cometido polo ditador e reclama acudir aos tribunais para incorporar o edificio ao patrimonio público. A iniciativa tamén pide que o Concello participe no recurso presentado para restituír a titularidade do Pazo de Meirás.

O texto pide “iniciar os trámites para que o Concello da Coruña interpoña unha demanda xudicial para reclamar a restitución da titularidade da Casa Cornide”

A moción sinala que “o Concello da Coruña non pode ser indiferente ante o espolio do noso patrimonio, ante a apropiación fraudulenta duns edificios de gran valor patrimonial, cuxos lexítimos donos son todas as coruñesas e coruñeses”.

O texto pide “iniciar os trámites para que o Concello da Coruña interpoña unha demanda xudicial para reclamar a restitución da titularidade da Casa Cornide”. Así mesmo, reclama “comparecer como parte interesada no procedemento xudicial aberto tras a demanda interposta pola Avogacía do Estado para recuperar o Pazo de Meirás”.

No debate, o PP apoiou a moción, pero criticou que este tema fose unha “prioridade” para o BNG

A Marea Atlántica introduciu na moción a esixencia de “convocar canto antes o Consello Municipal da Memoria Democrática”, un órgano de participación impulsado no mandato anterior e do que forman parte, ademais do conxunto das forzas políticas e varias persoas expertas, entidades e institucións como a Universidade da Coruña, a Real Academia Galega, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH), o Instituto José Cornide, a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) ou o Ateneo Republicano.

No debate, o PP apoiou a moción, pero criticou que este tema fose unha “prioridade” para o BNG e pediu que neste asunto non se gasten “enerxía ou recursos” nunha demanda que aínda non se sabe se terá un final positivo.

 

O espolio

A iniciativa tamén pide que o Concello participe no recurso presentado para restituír a titularidade do Pazo de Meirás

O 3 de xullo de 1962, un pleno extraordinario do Concello decide poñer á venda o inmoble nunha poxa pública. Barrié de la Maza, home de prol do franquismo, financeiro das tropas fascistas e impulsor da compra do Pazo de Meirás, acudiu á poxa xunto ao falanxista José Luis Amor Fernández. O banqueiro impúxose e obtivo o inmoble tras pagar pouco máis de 300.000 pesetas. Foi o 2 de agosto de 1962, un día despois de que o secretario de Franco enviase a carta na que se explicaba a realidade do amaño. As condicións aclaraban que quen resultase adxudicatario na poxa non podería vender o inmoble durante o prazo de dez anos “agás que o Concello, a solicitude do devandito adxudicatario e en atención á persoa a cuxo favor se queira facer a transmisión, lle preste a súa autorización”. E houbo excepción ao aparecer a muller de Franco.

 

 

https://praza.gal/acontece/o-pleno-municipal-da-coruna-aproba-por-unanimidade-iniciar-accions-legais-para-recuperar-a-casa-cornide

 

 

praza.gal

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks