Varios feridos ao afundirse unha plataforma de madeira durante un concerto do Marisquiño

0

Unha estrutura de madeira do paseo das Avenidas, no Náutico de Vigo, veuse abaixo durante un dos concertos do Marisquiño e varios mozos resultaron feridos tras caer ó auga.

Segundo informa a Policía Local de Vigo, o suceso produciuse ás 23.58 horas deste domingo durante a actuación de Rels B, na zona próxima ao edificio da Xunta de Galiza. A infraestrutura de madeira cedeu debido ao peso da xente.

Un dos asistentes ao concerto relata a cadea de acontecementos a través das redes sociais: “Estabamos a ir á zona VIP do concerto cando de súpeto caeuse todo o chan de madeira, era unha zona elevada do porto, o paseo marítimo por así dicilo. Había centos de persoas, demasiadas, cedeu e caéronse todas abaixo”, explica Andrés @ anseco01 na súa Twitter.

“Agora están a chegar coches de policía e ambulancias. A xente está baixo cascallos e algúns tentan axudar como poden. Hai xente chorando, outros correndo. Eu fun co meu amigo onde nos mandaban os seguratas”, relata o mozo.

Ao lugar do suceso desprazáronse varias dotacións de bombeiros e da policía local, así como numerosas ambulancias para atender aos posíbeis afectados. Polo momento descoñécese se algunha persoa resultou ferida. Os concertos do resto da xornada foron suspendidos.

Loading…

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks