O acordo do Concello de Miño cos expropiados de Fadesa achega a solución a un conflito xerado por “neglixencias institucionais”

0

No acto de sinatura o alcalde disculpouse ante a veciñanza afectada polo trato que recibiron do Concello desde o inicio deste longo proceso, no ano 2002. “Sodes afectados, e non culpables”, dixo

O pasado mes de maio o socialista Manuel Vázquez Faraldo acadou a maioría absoluta, converténdose en alcalde, despois de décadas de goberno do Partido Popular e, nos últimos catro anos, do tránsfuga Ricardo Sánchez Oroza (que na campaña por carta solicitara aos demais partidos que non falasen da débeda do concello). Dende a súa investidura, Vázquez Faraldo marcouse como obxectivo a procura dun acordo extraxudicial cos expropiados, á vez que mantiña xuntanzas con Goberno central, Xunta e Deputación para buscar fondos que lle permitisen pagar canto antes as débedas coa veciñanza afectada.

Vázquez Faraldo salienta que a sinatura deste acordo coa veciñanza expropiada supón “un fito decisivo” para “o futuro de Miño”. O acordo, segundo o rexedor, é “un primeiro paso, decisivo, para a resolución do conflito”. Ademais, destaca que “é a primeira vez que un alcalde miñense se reúne co colectivo dos expropiados desde o inicio do proceso para chegar a un acordo e consegue levalo a termo”. E engade que “nos últimos anos non se puxeran en marcha medidas para reducir a débeda ou para negociar cos afectados, polo que os intereses foron medrando”.

“É unha barbaridade facer á veciñanza de Miño partícipe das neglixencias institucionais”

“É unha barbaridade facer aos veciños de Miño partícipes das neglixencias institucionais, e temos a responsabilidade de reverter a situación”, afirma Vázquez Faraldo, que no acto de sinatura se disculpou ante a veciñanza afectada polo trato que recibiron do Concello desde o inicio deste longo proceso, no ano 2002. “Sodes afectados, e non culpables”, dixo.

A operación de Costa Anácara contara co apoio entusiasta do Goberno municipal de Miño, liderado nese momento polo Partido Popular, e a aposta provocou un cambio político na localidade, gañando as elección de 2003 Juan Maceiras, un ex-alto cargo popular que se presentou como independente cun discurso crítico coa macrourbanización. Porén, xa no Goberno, Maceiras mudou a súa postura con respecto ao proxecto de Fadesa e, de igual xeito, reintegrouse no PP para gañar por maioría absoluta os comicios de 2007 e 2011, abandonando o posto no ano 2012.

 

 

https://praza.gal/acontece/o-acordo-do-concello-de-mino-cos-expropiados-de-fadesa-achega-a-solucion-a-un-conflito-xerado-por-neglixencias-institucionais

 

 

praza.gal

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks