A Xunta di que se o Estado non ingresa a Galiza o diñeiro pendente compensarao con débeda e non con recortes

0

Orzamentos de 2020 “como se os fósemos presentar”

“Non podo confirmar que vaiamos presentar” o Orzamento do ano electoral de 2020, di o presidente da Xunta

E, que sucederá cos Orzamentos Xerais do ano electoral de 2020? “Estamos a traballar no orzamento como se o fósemos presentar en tempo e forma” pero “non podo confirmar que vaiamos presentalo”, di o presidente. A razón, advirte, é que o Goberno de España conduciría as finanzas autonómicas ao “máis difícil aínda” no caso de que finalmente haxa novas eleccións, non se reciban os fondos pendentes e non exista “ningún dato” do Estado para “facer un orzamento cun mínimo rigor”.

Neste sentido, Feijóo insta o Goberno de España a aprobar este venres por decreto as entregas pendentes e así desligar a súa aprobación de se hai ou non “acordo cos seus socios” porque “mentres eles se divirten, estamos mantendo as paredes do Estado español para que non se derruben“, proclama.

Mentres, dende o PSOE, o propio Sánchez invitaba  nos últimos días o PP a facilitar a súa investidura. Deste xeito, argumentan os socialistas, o Goberno de España deixe de estar en funcións e o financiamento regrese á normalidade.

 

 

https://praza.gal/politica/a-xunta-di-que-se-o-estado-non-ingresa-a-galicia-o-dineiro-pendente-compensarao-con-debeda-e-non-con-recortes

 

 

praza.gal

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks