A Universidade da Coruña cancela unhas xornadas sobre prostitución por “non poder garantir a seguridade do debate”

“Rexeitamos calquera tipo de discriminación e explotación da muller, en especial a prostitución como clara expresión de explotación sexual”

Como no primeiro comunicado ao respecto, a UDC destaca tamén neste que o conxunto da institución se “aliña plenamente cos obxectivos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero”. “Rexeitamos -evidencian- calquera tipo de discriminación e explotación da muller, en especial a prostitución como clara expresión de explotación sexual” e por iso “os feitos demostran o compromiso da Universidade da Coruña co feminismo” mediante un “compromiso incuestionable” canalizado a través da Oficina para a Igualdade de Xénero e o Centro de Estudos de Xénero e Feministas, salientan.

A organización non desbota celebrar as xornadas noutro emprazamento

A UDC, enfatizan, considera “sempre a prostitución como unha forma de violencia de xénero”, e tamén considera que “a universidade debe ser un ámbito de liberdade para contrastar distintos puntos de vista, cómpartanse ou non”. “Esa é a postura que adoptamos e adoptaremos na Universidade da Coruña” e por iso “todos os debates deben ter cabida” coa “necesaria serenidade e respecto ao discrepante”.

No caso concreto da prostitución, “o debate da regulamentación ou aceptación como traballo sexual (a ONU e Amnistía Internacional recoñéceno como tal) e de como se protexen os dereitos das persoas que, lamentablemente, sobren esta explotación sexual está no movemento feminista”. “Este debate -conclúen- non é exclusivo da universidade, senón da sociedade, e debe ter un foro aberto no que poder tratalo co acougo que agora falta”. A organización das xornadas, pola súa banda, non desbota seguir adiante con elas noutro emprazamento.

 

 

https://praza.gal/movementos-sociais/a-universidade-da-coruna-cancela-unhas-xornadas-sobre-prostitucion-por-non-poder-garantir-a-seguridade-do-debate

 

 

praza.gal

También podría gustarte

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia. Asumiremos que está de acuerdo con esto, pero puede optar por no aceptar nuestras politicas de cookies. AceptarMás información

Politicas de Cookies

Culturar