Obras da Xunta sen rematar atrancan o inicio do curso en varios colexios galegos

0
Desde a Xunta aclárase que de entre todas as obras levadas a cabo en centos de centros escolares de Galicia, pode que algunhas tivesen atraso, pero sempre “afectando a parte exterior e nunca ao interior dos centros”. As imaxes que chegan de Cervo contradín esta previsión, ao igual que as que familias facilitaron do CEIP Cruceiro de Canido, en Ferrol, con sucidade e moito por recoller a só unhas horas de comezar o curso. A anpa, en asemblea, decidiu tamén non levar a rapazada ao colexio ata o vindeiro luns. 

A familias tamén decidiron adiar o inicio do curso no CEIP Cruceiro de Canido, en Ferrol; o Concello amósase “moi sorprendido” polo estado do centro

O alcalde ferrolán, Ángel Mato, e o concelleiro de Educación, Antonio Golpe, visitaron o colexio e reuníronse coa dirección e con pais de alumnos, e puideron “comprobar de primeira man” as incidencias denunciadas. Así, amosáronse “moi sorprendidos” de que as obras “non incluísen a limpeza posterior malia tratarse dunha actuación que xera grandes cantidades de po e outros residuos, e de que non se adoptasen medidas para protexer o mobiliario e o material que hai no interior das aulas”, polo que o Concello xa se puxo en contacto con Educación. 

“Estamos encantados con que se fagan as obras porque eran moi necesarias, pero tiña que haber máis previsión”, din desde a anpa do centro ferrolán, no que o po acumulado chegou a provocar, segundo denuncia, problemas en xente con asma ou afeccións nos ollos. Mentres os técnicos da Xunta consideraban viable e seguro o inicio do curso, a anpa pensou que non. Neste primeiro día, tan só unha ducia de alumnos dos máis de 400 do colexio acudiron a clase.

 

 

https://praza.gal/acontece/obras-da-xunta-sen-rematar-atrancan-o-inicio-do-curso-en-varios-colexios-galegos

 

 

praza.gal

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks