Feijóo esgrime o bloqueo estatal na estrea parlamentaria de Caballero, que o insta a “gobernar o ano que lle queda”

0
Vostede xa se pon na oposición“, ironizou Caballero antes de lanzar a Feijóo un reproche que todos os líderes da esquerda, sen excepción, lanzaron ao presidente popular nesta década. “Esta non é a sesión de control a Gonzalo Caballero nin ao PSOE, é a sesión de control a un presidente que ten gobernar”, evidenciou. 

Na quenda final, sen marxe de retruque para a oposición, Feijóo anunciou o envío dunha carta a Pedro Sánchez cunha “proposta de Real Decreto” que, di, permitiría transferir os fondos pendentes ás autonomías co Goberno de España en funcións

“Deixe a confrontación e póñase a gobernar”, insistiu o socialista. “Queremos que no ano que lle queda goberne para os galegos e non sexa manexado pola confrontación dunha dereita botada á ultradereita”, di. Pero tamén que sexa consciente de que a “maioría social” xa non apoia o PPdeG, dixo mentres na bancada da dereita o secretario xeral dos populares e outros cargos rían abertamente da súa intervención.

Nos divertimos moito, estivo realmente simpático“, descualificou Feijóo na súa quenda de peche antes de mofarse de Caballero porque, ao seu xuízo, “fala como presidente da Xunta” aínda que “nunca gañou as eleccións” e non é máis ca un “franciscano socialista” a dar “un mitin” no Parlamento. “Non sé dá conta vostede de que non é o señor Sánchez?”, cuestionou antes de lanzar un anuncio cando xa non existía quenda de retruque para ningún voceiro da oposición: escribirá a Pedro Sánchez unha carta reclamando o financiamento pendente e anexará á misiva “unha proposta de Real Decreto” que, asegura, permitiría transferir os fondos ás autonomías mesmo co Goberno central en funcións.

 

 

https://praza.gal/politica/feijoo-esgrime-o-bloqueo-estatal-na-estrea-parlamentaria-de-caballero-que-o-insta-a-gobernar-o-ano-que-lle-queda

 

 

praza.gal

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks