A Xunta tenta competir co alumeado de Nadal de Abel Caballero anunciando luces ornamentais na ponte de Rande

0

O alcalde asegura que “o resplandor” do alumeado de Nadal “poderá verse desde Madrid, Sevilla, Valencia e Nova York” e a Xunta proclama que o alumeado de Rande farao equiparable ao Golden Gate

Case ao mesmo tempo, na delegación da Xunta, Porro e a conselleira Ethel Vázquez daban detalles do que, en rigor, é unha petición da Xunta a Audasa, concesionaria da AP-9: que “dote a ponte de Rande dunha iluminación ornamental que reforce a súa monumentalidade como símbolo da ría de Vigo”, dixeron na delegación viguesa do Goberno galego por tras dun rótulo coa lenda “a Xunta con Vigo”, que substituíu o anterior lema “a que + inviste en Vigo”. Se o fai, manifestaron en declaracións que recolle Faro de Vigo, será equiparable ao Golden Gate de San Francisco ou o Tower Bridge de Londres.

Segundo Vázquez, a intención é que “sexa un símbolo de referencia internacional” grazas á instalación dun alumeado que “non debe repercutir nas peaxes”, segundo a conselleira. Por iso, explican, “o Goberno galego solicitoulle hai meses á empresa que este fito da enxeñaría brille con luz propia e alumee Vigo e toda a súa ría”. “Nos últimos días -di a Xunta nun comunicado- demandou coñecer o documento técnico no que se traballa”. E a promesa foi formulada xusto este 11 de setembro, cadrando co inicio da colocación das luces do Nadal por parte do Concello.

 

 

https://praza.gal/politica/a-xunta-tenta-competir-co-alumeado-de-nadal-de-abel-caballero-anunciando-luces-ornamentais-na-ponte-de-rande

 

 

praza.gal

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks