A primeira universidade privada de Galicia botará a andar na Coruña e Vigo con catro graos e catro másters

0
A Xunta vén de iniciar a tramitación da que será a primeira universidade privada de Galicia, a ‘Universidad Intercontinental de la Empresa’, impulsada por Abanca a través de Afundación. O centro terá a súa sede administrativa en Santiago de Compostela, aínda que impartirá os seus estudos na Coruña e Vigo, nos actuais centros do Instituto de Educación Superior Internacional de Empresa (Ieside). A nova universidade iniciará a súa andaina unha vez que se aprobe a lei que a constitúe e as previsións é que xa poida estar en funcionamento no curso 2020-21, aínda que dependerá dos prazos da tramitación da norma. 

O centro terá a súa sede administrativa en Santiago, aínda que impartirá os seus estudos na Coruña e Vigo

A Universidade Intercontinental da Empresa botará a andar con catro graos, catro másters e dous programas de doutoramento, centrada nas ciencias sociais e xurídicas, enxeñaría e arquitectura. As ensinanzas, “especializadas no eido da empresa”, impartiranse nas seguintes estruturas docentes: Instituto Universitario de Administración de Empresas e Dereito, Instituto Universitario de Enxeñaría e Tecnoloxía Empresarial e Instituto Universitario de Investigación. O centro expedirá títulos “de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional” nas modalidades presencial e semipresencial.

A universidade podería botar a andar xa no curso 2020-21

A universidade constitúese como “Fundación Universidad Intercontinental de la Empresa”, sen ánimo de lucro. Segundo o anteproxecto de lei, nova a universidade establecerá un sistema propio de bolsas e axudas ao estudio en consideración ao expediente académico do/a estudante e as súas circunstancias persoais e familiares, para o que destinará o 15% dos ingresos totais obtidos anualmente.

 

 

https://praza.gal/acontece/a-primeira-universidade-privada-de-galicia-botara-a-andar-na-coruna-e-vigo-con-catro-graos-e-catro-masters

 

 

praza.gal

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks