Un informe da UE advirte de riscos para a agricultura galega polas secas máis “severas” que trae consigo o cambio climático

0

O Concello de Vigo reduce o baldeo das rúas como medida de precaución; serán eliminados cando os encoros de abastecemento da cidade estean a menos do 70% da súa capacidade

Así e todo, un dos puntos nos que os problemas de seca veñen sendo recorrentes nos últimos anos, a cidade de Vigo, xa advirte de potenciais problemas. Así, este luns o alcalde vigués, Abel Caballero, anunciaba que dende esta mesma semana “os baldeos de auga nas rúas quedarán reducidas a días alternos como medida de aforro“.

Esta restrición, segundo Caballero, é preventiva xa que “os encoros que abastecen a cidade” están nunha mellor situación que hai un ano. “Eiras atópase ao 79,05% e Zamáns, ao 74%”, isto é, un e sete puntos por riba de 2018. “Estamos mellor que hai un ano, pero agora mesmo empezamos a tomar medidas”, que serán máis restritivas cando “o nivel de ocupación chegue ao 70%“, momento no que “serán eliminados totalmente os baldeos”.

 

 

https://praza.gal/ciencia-e-tecnoloxia/un-informe-da-ue-advirte-de-riscos-para-a-agricultura-galega-polas-secas-mais-severas-que-trae-consigo-o-cambio-climatico

 

 

praza.gal

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks