O persoal do aeroporto de Santiago vai á folga pola supresión da cantina e o incremento da precariedade

0
Os días 13, 20 e 27 de setembro o persoal das 50 empresas que operan no aeroporto Rosalía de Castro, de Compostela, levarán a cabo unha folga en protesta pola supresión da cantina, pola “cada vez maior precariedade e temporalidade” existente nos aeroportos españois e polo “constante aumento da carga de traballo sen o correspondente aumento do cadro de persoal”. O paro desenvolverase entre as 4:30 e as 10:30 horas en cada unha das xornadas. O Comité de folga destaca que “por vez primeira todas as empresas que operan nun aeroporto do Estado español están chamadas a secundar” unha protesta deste tipo.

Protestan pola “cada vez maior precariedade e temporalidade” e polo “constante aumento da carga de traballo sen o correspondente aumento do cadro de persoal”

Os traballadores e traballadoras iniciaron o pasado mes de marzo as mobilizacións contra a eliminación do servizo de cantina, consecuencia da súa eliminación dos novos pregos dos servizos de restauración. Esta supresión tería como consecuencia que os ao redor de mil persoas que todos os días traballan nas empresas instaladas no aeroporto terían que aboar os prezos dos servizos de restauración do aeroporto, que duplican os prezos habituais en hostalaría. 

Segundo o Comité de Folga, este gasto é insostible para moitos dos empregados e empregadas, dados os “salarios precarios (algúns nin chegan aos 500 euros) que teñen moitos traballadores e traballadoras de moitas das empresas”. Este persoal non pode saír consumir fóra do aeroporto, xa que se consideraría un abandono do servizo, como lembra José Antonio Rendo, traballador de Iberia.

https://praza.gal/economia/o-persoal-do-aeroporto-de-santiago-vai-a-folga-pola-supresion-da-cantina-e-o-incremento-da-precariedade

praza.gal

Siguenos en Google News
También podría gustarte
Ver comentarios de la noticia

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Enable Notifications    Ok No thanks