O incendio máis destrutivo da vaga é o de Monforte, controlado pero aínda non extinguido catro días despois, con case medio milleiro de hectáreas ardidas
Partindo de todos estes condicionantes o incendio máis destrutivo desta vaga de incendios é o que tivo a súa orixe na parroquia monfortina de Seoane e que catro días despois do seu inicio aínda non puido ser extinguido, aínda que si controlado. A superficie de hectáreas ardidas neste incendio, que se expandiu ao concello veciño de Pantón, achégase ao medio milleiro.
O seguinte en superficie afectada foi o que comezou na parroquia de Oleiros, en Ribeira, dado por extinguido este luns con 197 hectáreas ardidas. Pola súa banda, o incendio que ardía tamén dende a pasada semana no concello ourensán de Lobeira, dentro do parque do Xurés, cunhas 150 hectáreas ardidas foi dado por extinguido este luns. Tamén atinxiu a este espazo protexido outro incendio de apenas 10 hectáreas, neste caso dentro do concello de Muíños.
https://praza.gal/acontece/a-vaga-de-incendios-remite-ao-amainar-o-nordes-tras-mais-de-1000-hectareas-ardidas